Comisións Obreiras (CCOO) conseguiu toda a representación sindical entre o persoal laboral do Concello de Boqueixón, tres representantes, nuns comicios en que participou o 87 % do censo. CCOO salienta o «gran traballo» realizado polos seus representantes no municipio, especialmente en materia de negociación colectiva, «fundamental» para a aprobación da relación de postos de traballo.

Casa do Concello de Boqueixón | Foto: Google Street View

O labor sindical desenvolvido nos últimos anos traduciuse neste «apoio contundente», xa que anteriormente a representación do persoal laboral era a través do sindicato CSI-F.