A Federación de Sanidade do sindicato critica  as «desafortunadas» declaracións do presidente da Xunta sobre a reserva de máscaras sanitarias e reclama que poña este material a disposición dos profesionais que o necesiten tanto no eido público como privado.

Para o sindicato as declaracións de Feijóo son «desafortunadas» e «inadmisibles» na actual situación / xunta.gal

CCOO Galicia considera «inadmisibles» as palabras de Alberto Núñez Feijó facendo «alarde» de reserva de medio millón de máscaras de seguridade por parte da Xunta «mentres moitos profesionais denuncian que non reciben o material».

Por este motivo, a central sindical reclama que o Goberno galego poña de inmediato os equipamentos de protección individual hospitalaria en mans das persoas que os necesiten «para que poidan desenvolver o seu traballo de xeito seguro» sen poñer en risco nin a saúde dos doentes nin a súa propia. «Isto é o que precisa Galicia -remata o sindicato nun comunicado- en vez de propaganda da súa xestión desta crise».