A agrupación local de Compromiso pide o servizo de noitebús para as festas do Apóstolo por parte do Concello. O noitebús é unha alternativa de transporte público nun horario que habitualmente non funcionan as liñas urbanas.

Os galeguistas entenden que o servizo debería ir acompañado das paradas antiacoso, as
paradas a demanda orientadas á protección das mulleres das que poderá beneficiarse calquera usuario tanto mulleres, homes, mocidade ou xente maior. As paradas antiacoso permiten solicitar, en calquera punto do percorrido entre dúas paradas, poder baixarse no punto máis axeitado para non ter que camiñar sós un traxecto de noite.

É un servizo que debería funcionar todo o ano.

Dende Compromiso apuntan que o funcionamento é moi sinxelo: “ao subirse o autobús, o usuario que queira beneficiarse deste cambio indicaralle ao conductor o punto exacto no que quere baixarse e quedará nos asentos dianteiros para, chegado o momento, baixar pola porta dianteira en vez de facelo pola traseira”. De igual modo, engáden que Santiago é unha cidade segura, “pero queremos que o sexa máis”. Este servizo xa funciona en cidades como Terrasa, Bilbao ou Vigo.

Deja un comentario