Redacción Galiza | Compromiso por Galicia

O espectacular crecemento da parroquia de Conxo con 10.000 veciños non parece argumento de peso para que sexa unha prioridade para o Concello de Santiago, nin nas políticas sanitarias da Xunta.

Dende a formación galeguista Compromiso por Galicia ven con moita precaución a falta de interés do goberno municipal ante a falta de servizos de atención primaria no barrio, cun centro de saúde provisional que presenta grandes deficiencias e medios, espazo e materiais agravado pola saturación de doentes que teñen que ser derivados o Concepción Arenal.

O partido galeguista pide responsabilidade e non tirar 100.000 euros o lixo na creación dun aparcadoiro de entre 55-75 prazas na parcela destinada o Centro de Saúde existindo unha alternativa a 50 metros nunha parcela de titularidade municipal na rúa de Conxo de Arriba.

A parcela presenta ademais a ventaxa de que se podería construír o aparcadoiro en altura.
Fontes do partido indican que “isto non se entende. Despois de estar 15 anos esperando para sacar adiante o centro médico de Conxo, agora vai o Concello e móvese para facer un aparcadoiro que non vai satisfacer as necesidades do barrio”. “A ver se o que se pretende é convertir ás instalacións provisorias do centro médico en definitivas”, sentenzan dende CxG.

Deja un comentario