Encontro, actualidade de Galicia

Compromiso por Galicia reclama o cumprimento da taxa de reposición do Parque de bombeiros local, unha reivindicación que entenden “que é vital ante a parálise no convenio do Parque comarcal compostelán”, aínda pendente de asinar neste ano 2018.

O convenio está no aire por cuestións técnicas, así como o orzamento e o mapa de servizo para os 11 concellos da comarca. A agrupación galeguista afirma que é practicamente improbable que o acordo non entre en vigor este mesmo ano, “o cal fai aínda máis urxente dotar de persoal o parque actual”.

A dirección local de Compromiso ve con moita preocupación a falla de efectivos do actual Parque cunha cobertura do 68%, moi por debaixo da media das grandes poboacións galegas que chegan a cubrir o 80% da súa cuadrilla. Esta carencia de persoal fai moi complicado que se podan atender as quendas necesarias para que o Parque estea operativo as 24 horas contemplando descansos obrigatorios. “A día de hoxe dificilmente se pode afirmar que existe persoal suficiente para atender dous incendios o mesmo tempo na nosa cidade”.

Os galeguistas apuntan que non se pode esperar a que se faga o Parque comarcal para poder duplicar o persoal actual. “Incendios como o do Pedroso esta fin de semana, con 10 hectáreas queimadas, moi preto das casas, non fai máis que confirmar a urxencia de ter unha cuadrilla máis completa”.

DEJA UNA RESPUESTA