Segundo Compromiso por Galicia, a comunidade galega non conta para o PSOE, que ten a súa ollada posta en Andalucía, recentemente asistimos á firma dun compromiso entre Pedro Sánchez e Susana Díaz. Moito menos para os deputados de En Marea diluídos na sopa de letras de Unidos-Podemos no Congreso, sen peso específico propio á hora de atraer investimentos para Galicia, e sen capacidade de negociación co PP, que fai a Galicia refén dos orzamentos de Rajoy, potentes en Euskadi e Canarias.

O camiño aberto para os novos presupostos do estado no acordo entre PSOE e Unidos-Podemos, sen medidas concretas para Galicia, lexitima mais que nunca a necesidade que temos os habitantes de Galicia de apostar por forzas políticas con  proxecto e idea  País. O desleixo ao que someten a Galicia os deputados e deputadas que deberían representar os nosos intereses na vida política do estado é unha indignidade da que os electores teñen que tomar apuntes sinalan desde Compromiso por Galicia.

Piñeiro Docampo: “A pantomima do subgrupo dentro do grupo que representan os de En Marea, finalmente lévanos a que os galegos e galegas non pintemos nada en Madrid, mais aló dos dogmas de partido que pouco ou nada solucionan o día a día dos galegos e galegas. Reto a este grupo que de non conseguir o traspaso da AP9 a condonación da débeda dos portos e algunha transferencia, DIMITAN por dignidade co País”

O secretario xeral galeguista, Piñeiro Docampo, subliña a inoportunidade política que representan nesta altura os deputados galegos en Madrid, xa que tanto os do PSOE como os de Unidos-Podemos teñen que ceder ás presións dos seus lideres que pensan máis na rúa Ferraz e na Complutense, lonxe dos intereses de País e das especificidades que nós temos como Galicia, tanto no social como no económico. Se anteriormente sufriamos o desleixo dun PP, que se cre dono de  Galicia, e que nunca tivo a Galicia como prioridade, agora temos de fronte a dous grupos que teñen a prioridade en soster a un goberno feble e que están atentos unicamente ao que poida acontecer en Andalucía, e que dependen do xa acordado polo PP.

Os galeguistas apuntan que agora mais que nunca, é necesario un cambio que leve a Galicia a poder exercer presión política no estado, para mellorar o benestar no noso País e poder condicionar uns investimentos mais xustos do estado en Galicia. Cambio que necesariamente vai comezar nos Concellos e Deputacións.

Deja un comentario