Nun momento triste para a política e a convivencia mesmo no marco europeo o Sr. Antonio Cantó García del Moral, facendo uso da impunidade parlamentar e de forma gratuíta atacou onte 26 de setembro ao noso idioma e polo tanto a nosa cultura, nun discurso máis propio de outros tempos e outras situacións.
O galego é patrimonio do noso pobo e a libre elección de usalo está recollida no marco legal. Por riba a ignorancia do señor deputado, non valora a enorme riqueza que supón ter un Estado con varias linguas cooficiais. Mesmo chama a atención que se declaren europeístas cando os distintos tratados da Unión defenden esta realidade e se práctica.
A nosa lingua é parte da nosa identidade e Ciudadanos agrede de esta forma a todo Galicia, baseándose nunha mentira, en un descoñecemento total da realidade, porén pedimos a dirección de C´S Galicia que desautorice publicamente a este Deputado e pida unha rectificación pública na mesma cámara onde se propuxo esta aldraxe, se é que son autónomos para tomar esta decisión, no caso contrario demostran á claras que Galicia non lles importa.