Varios membros do Consello Nacional xunto a algún veciño do concello de Frades onde está a sepultura de Lois Porteiro, participaron nunha homenaxe de lembranza fixa no calendario de actos de Compromiso por Galicia, como forza e reivindicación do seu legado na nosa formación galeguista.

“Un galeguista que avanzou na apertura e encaixe de Galicia no mundo con identidade propia” declarou Dani Lago (S. Nacional de Estudos e Programas)

“Despois de cen anos do seu pasamento sorprende a vixencia da súa mensaxe e a propia coincidencia co ideario de Compromiso por Galicia, fica tamén claro, que a vixencia do seu discurso e certifica que Galicia en cen anos non avanzou no status de país no mundo. O 26 de maio, ábrese unha oportunidade para traballar na visión e mensaxe de Lois Porteiro, dende os concellos e dende Europa, de forma non excluínte como xa manifestaba Lois Porteiro” declarou o S.X Piñeiro Docampo.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario