É unha obviedade decir que o que acontece en Sargadelos transcende da esfera do meramente industrial ou empresarial. Aínda que esa é a liña de defensa do empresario e de algún político, dende CxG entendemos que á opinión pública non lle cola.

O actual Sargadelos é o proxecto e a ilusión de dous galeguistas recoñecidos, Seoane e Díaz Pardo, un traballo en prol do País que non pode caer no esquecemento e no  circo no que se está a converter. Poren dende Compromiso imos facer o posible para parar esta desfeita. Imos actuar en distintas frontes co fin de salvagardar un Patrimonio que é de todos os galegos e galegas. Polo que demandamos:

  • ACTUACIÓN DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E DO MINISTERIO:

Diante das graves declaracións públicas do “Consejero Delegado”, coa ameaza de despidos e vulnerando dereitos fundamentales dos traballadores, CxG vai solicitar a tutela da Inspección de Traballo, co galo de garantir a protección dos Dereitos dos traballadores na situación de conflicto social que se vive.

 

  • POSIBLE APLICACIÓN DA LEI CONCURSAL:

Entendemos dende CxG que diante dunha non aplicación do convenio colectivo e tendo en conta que se adeudan salarios á masa social e polo tanto á Seguridade Social dende o Ministerio de Traballo se ten que promover unha administración concursal que vixie o cumprimento da lei. So fai falla vontade política no Estado e no PSOE.

 

  • ACTUACIÓNS DIANTE DA UE:

O equipo de CxG en Bruxelas, coa Eurodeputada Izaskum Bilabao, presentará na Comisión e outros órganos interpelacións relacionadas coas posibles axudas recibidas por Sargadelos e a súa xestión e exporá os grupos políticos a actuación da dirección.

 

  • PLENO EXTRAORDINARIO EN CERVO:

Diante da pasividade das forzas políticas representadas en Cervo: BNG, PSOE e PP. CxG vai rexistrar unha petición para a celebración dun Pleno Extraordinario para que a Corporación tome o acordo de demandar da Dirección o cumprimento da Lei e o respeto os dereitos fundamentais dos traballadores.

Sargadelos é historia de Galicia, é Cultura e forma parte da identidade de Galicia como nación e como pobo. Non se pode aplicar neste senso a lóxica da empresa privada. Sargadelos vai máis aló, e tamén temos que ter en conta o importante esforzo das Administracións por manter este legado con axudas e promocións a esta empresa.

Segismundo García veu a decir públicamente que se ten que ir o cárcere por un conflito cos sindicatos, vai encantado. Vergoñentas declaracións no S.XXI, a cárcere vaise se non se cumpre a Lei, compre aclarar esta situación.

Por outra banda denunciamos a actitude cobarde do Alcalde de Cervo, pedindo entendemento e lavandose as máns. Sr. Villares un alcalde o que ten que pedir e que se cumpra a Lei e defender os veciños do seu concello, hoxe en Sargadelos moitos están vendo vulnerados os seus dereitos e principios.

Podía o Sr. Alcalde aforrar a foto para non decir nada.

Deja un comentario