Compromiso propón que o Centro Integral da Muller de San Lourenzo pase a ser xestionado dende o Concello. O que fora un centro pioneiro en Galicia, ao dar solucións habitacionais, entre outros servizos, dende o ano 1995 até o 2007, a día de hoxe é un centro de día no que se levan acabo distintas terapias e actividades, pero sen resposta residencial.
Dende a formación galeguista acollen a denuncia realizada a semana pasada polo Sindicato Nacional de Policia (SUP), que pon de manifesto a situación pola que teñen que pasar as vítimas de violencia de xénero en Santiago: ir a denunciar e ter que pasar horas na comisaría mentres se tramita o seu ingreso nunha casa de acollida. A dirección local Compromiso entende que “se o Centro de Recuperación Integral da Muller recuperara o seu servizo habitacional, as mulleres denunciantes terían un lugar no estar mentres se tramita o seu ingreso nunha casa de acollida”.
Dende a formación galeguista apuntan que “despois dunha demora de sete anos, do 2007 ata 2015, a cesión do edificio pasou á Concellería de Benestar Social a principios de 2015, pero non como casa de acollida, xa que abre como centro de día e non ten acollida nocturna”. Os datos, dende principios de 2015 até maio de 2015, son de 34 mulleres atendidas por violencia de xénero e 46 menores de idade.
Para o período 2016 ao 2018 non se facilitan datos, pero non existe un itinerario real para que as víctimas refagan a súas vidas, e máis incluso teñen que abandonar a súa cidade ao non existir un servizo de axuda e inserción integral. Compromiso propón recuperar a xestión por parte do Concello, dando un servizo integral con residencia as 24 horas para as vítimas e menores ao seu cargo, asistencia sicolóxica e xurídica gratuíta, protocolos de proteccion as 24 horas, nos casos que a precisen, un itinerario de integración laboral e vital e axuda económica de contía igual á renda básica municipal de 530€ a 760€, dependendo dos menores o cargo.