Compromiso propón que a o Centro Integral da Muller de San Lourenzo pase a ser xestionado directamente polo Concello.  O que fora unha proposta pioneira en Galicia para crear un centro con servizos habitacionais, entre outras prestacións, a día de hoxe é un centro de día no que se levan acabo distintas terapias e actividades, pero sen opcións residenciais. De feito,  as usuarias que precisan desta atención son derivadas a cidade da Coruña.

Dende a formación galeguista apuntan que, despois dunha demora de sete anos, o uso do edificio pasou ás mans da Concellaría de Benestar Social a principios de 2015. Pero xa non como casa de acollemento, senón como centro de día e, xa que logo, tampouco ten acollemento nocturno.

Os datos dende principios de 2015 até maio de 2015 son de 34 mulleres atendidas por violencia de xénero e 46 menores de idade ata o 2016. Para o 2018 non se facilitan datos, pero non existe un itinerario real para que as vítimas refagan as súas vidas e mesmo teñen que abandonar a súa cidade ao non existir un servizo de axuda e inserción integral.

Compromiso propón recuperar a xestión por parte do Concello,  dando un servizo integral con residencia as 24 horas, tanto para as mulleres vítimas como para os menores ao seu cargo, asistencia sicolóxica e xurídica gratuíta, así como protocolos de protección as 24 horas nos casos que a precisen. De igual xeito, os galeguistas entenden necesario o establecemento dun itinerario de integración laboral e vital e unha axuda económica de contía igual a renta básica municipal isto é, de 530€ a 760€, dependendo dos  menores o cargo.

 

Deja un comentario