A Asociación Salvemos Cabana alerta de que os aeroxeradores de 200 metros de altura en punta que plantexan os proxectos das multinacionais Statkraft e Enel poderían afectar “sen remedio” ao Concello da Veiga e a municipios limítrofes para o mantemento dun turismo rural de calidade na contorna da montaña máis alta de Galicia.
Para a Asociación Salvemos Cabana, como entidade de defensa ambiental, a implantación dos parques eólicos Prada (170,5 MW) e Alto Cabrera (144 MW) é incompatible co desenvolvemento da Lei 7/2011, de Turismo de Galicia, que conformou o concepto de xeodestinos coma o de Manzaneda-Trevinca, entendendo como tales “as áreas ou espazos xeográficos limítrofes que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais”.
Además, segundo a normativa, os xeodestinos “terán un especial protagonismo nas accións de promoción turística da Administración autonómica” e poderán ser utilizados dentro da marca turística global “Galicia”.
Ademáis de A Veiga, o xeodestino Manzaneda-Trevinca está composto por outros oito concellos da comarca de Valdeorras, como son O Barco, A Rúa, Rubiá, Carballeda, Vilamartín, Larouco e O Bolo. Sen embargo, o impacto dos parques eólicos proxectados na contorna do macizo de Pena Trevinca, a xuizo do colectivo, “terá consecuencias negativas sobre a imaxe turística da mancomunidade”, que xunto co xeodestino Ancares-Courel aspira a converterse en referente galego de esta singular figura de promoción territorial como camiño de “ecoturismo experiencial, non espacional e multiproduto”.
UNHA PARAXE ÚNICA
Localizada no sureste de Ourense, o macizo de Pena Trevinca é un espazo natural de elevado valor ecolóxico e patrimonial que abarca 25.000 hectáreas e os cumios máis altos de Galicia como Pena Trevinca, de 2.127 metros, Peña Negra (2.123) e Peña Surbía (2.122), na confluencia da Serra do Eixe, a Serra Calva y a Serra Segundeira, o que segundo indica Salvemos Cabana “supón unha referencia inestimable a nivel provincial e autonómico” e un factor clave para o desenvolvemento do denominado “Turismo Verde”.
Como leva anos recordando a asociación, “non todo vale para a implantación de enerxías alternativas como a eólica, máis cando a nivel territorial non se está levando a cabo unha cuidada planificación e unha e outra vez a práctica demostra que se está a primar únicamente o máximo beneficio empresarial a cambio de permitir inasumibles impactos sobre a paisaxe, biodiversidade e a poboación das zonas afectadas nunha industrialización a gran escala da natureza nunca antes vista e a miúdo desenvolvida para o sostemento do estilo de vida e o derroche enerxético habitual nas grandes urbes e nas súas áreas de influencia”.