A Consellería do Medio Rural informou hoxe da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h.

O incendio rexistrado no municipio de A Gudiña encóntrase estabilizado dende as 11,00 h, tras comezar esta madrugada ás 3,35 h. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 35 hectáreas. No lugar participan 4 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.
Permanece controlado o lume en no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 15 axentes, 34 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.
























