Categorías: Galiza

Cornado Mina Non insta á sociedade galega a rexeitar o proxecto da mina de Touro pola súa falta de licencia social e o tormentoso pasado de Atalaya Mining en Andalucía

A plataforma veciñal considera que Galicia «nin pode nin debe permitir» a reapertura da explotación tendo en conta a problemática orixinada na mina onubense de Riotinto.

Contaminación provocada pola mina de Touro / Cornado Mina Non

Nesta liña, o colectivo recorda que a multinacional chipriota Atalaya Mining «ten un logo pasado de incumprimentos e sancións no seu proxecto andaluz», o que demostra «que as súas maneiras están ben lonxe» de ser as que publicitan para operar a nivel galego.

Dende a agrupación sinalan que «a evolución da empresa daría para unha novela de terror«, tendo en conta que mesmo o seu exdirector en Riotinto está en prisión por un delito de apropiación indebida ao sobstraer máis de 650.000 euros da empresa matriz Emed Mining -actualmente baixo a denominación de Atalaya Mining- aportados por esta para financiar o proxecto.

Asemade, en 2017, a Fiscalía actuou de oficio presentando denuncia contra Atalaya Mining en Riotinto por un delito de “contaminación atmosférica con grave risco para a saúde das persoas”, logo de detectarse múltiples incumprimentos na autorización ambiental unificada (AAU) pola emisión incontrolada de nubes de pó, que durante a primaveira e verán do 2016 alertaron e prexudicaron ás poboacións conlindantes, según demostrou o Instituto Nacional de Toxicología, que indicou a superación dos límites de partículas ademáis dos valores medios de cobre, zinc e arsénico, superando ata dez veces os valores promedio, o que lle valeu un expediente sancionador por parte da Junta de Andalucía de 105.000 euros.

A BOMBA DE RELOXERÍA DE RIOTINTO

Doutra banda Cornado Mina Non recorda que o “exemplo” de Riotinto «fala» claro, pois segundo os expertos, no caso dunha rotura das súas balsas -tal e como expuxo o estudo da compañía Ayesa que en 2014 evaluou os riscos da súa reapertura-, o aluvión de lodos tóxicos podería alcanzar un caudal máximo de 34.716 metros por segundo e os residuos chegarían a percorrer 111 quilómetros ata chegar ao mar arrasando ao seu paso tres municipios da bacia do río Odiel -Gibraleón, Palos de la Frontera e Punta Umbría- e mesmo dous barrios da cidade de Huelva. Comparativamente, se a catástrofe de Aznalcóllar supuxo en 1998 a vertedura de seis millóns de metros cúbicos de lamas contaminantes, Riotinto vertería ata dez veces maís, alcanzando os 63 millóns de metros cúbicos -recordan dende a plataforma veciñal-.

ALTA SINIESTRALIDADE NA OPERACIÓN MINEIRA DE RIOTINTO

Por outra parte, está a alta siniestralidade rexistrada no proxecto de Atalaya Riotinto denunciada en reiteradas ocasións polos equipos de saúde laboral de CC.OO. e outros sindicatos, o último, o pasado mes de agosto na corta mineira de Cerro Colorado, no que un traballador rematou na UCI do Hospital Comarcal de Huelva, botando por terra a publicidade da mineira e as súas “certificacións” e “premios” internacionais de seguridade no traballo.

A SOCIEDADE GALEGA NIN PODE NIN DEBE PERMITIR A REAPERTURA DA MINA DE TOURO

En definitiva, para Cornado Mina Non, «estas son as circunstancias» nas que Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya Mining fala á sociedade galega do “mellor proxecto industrial-mineiro de Europa”, “sen riscos de contaminación nin verteduras” apelando á “minería responsable”, á “minería sostible” e á “filosofía de vertedura cero”, que sen embargo «na práctica e á vista da realidade da súa empresa» transfórmase en “cero credibilidade”, ao presentar esta un plantexamento inicial «que camufla as verdadeiras intencións da mineira coa explotación dunha superficie que pode chegar a superar os 150 quilómetros cuadrados nun caso evidente de fragmentación dun macroproxecto, algo para o que non ten nin terá licencia social» -rematan dende o colectivo veciñal-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

6 días hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

6 días hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

6 días hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

6 días hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

6 días hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

6 días hace