A Confederación Intersindical Galega (CIG) alerta que logo dun caso positivo por Covid-19 nun dos supermercados da localidade de Ribeira -sendo o terceiro a nivel da provincia da Coruña nun dos seus centros- a empresa segue a actuar «de maneira irresponsable» ao non poñer ao resto da plantilla que estivo en contacto en corentena, tal e como indica o protocolo do Ministerio de Sanidade.

A representante de CIG-Servizos en Santiago de Compostela, Lucía Freire, pregúntase «cómo a empresa (GADISA) pode asegurar que non houbo contaxio durante o período de incubación ou xa cos primeiros síntomas» con ningún dos seus compañeiros/as de traballo cos que estivo en contacto.
Freire indica que a prevención «debería ser o prioritario para Gadis» e esixe «que se confirme con quen estivo en contacto na tenda», para «que se poña a este persoal de inmediato en corentena e que se proceda «a facer unha desinfección escrupulosa de todo o supermercado» pois doutro xeito a empresa estaría a poñer os beneficios por diante da saúde de traballadores e clientes.
Finalmente, indica que aínda que á empresa GADISA sí informou á representación sindical, «non tivo en conta ningunha das súas demandas» en materia de seguridade laboral, polo que xa se presentou a correspondente denuncia perante a Inspección de Traballo.