A Unidade de Cuidados Intensivos do centro dá a coñecer nun comunicado o seu desacougo pola actuación do Servizo Galego de Saúde no Complexo Universitario de Pontevedra (CHUP).
A UCI, totalmente equipada e con dez camas, permanece pechada dende o mércores 22 de abril por decisión da xerencia do SERGAS. Segundo denuncian, durante a pandemia, a falta deste tipo de instalacións provocou a modificación doutras unidades asistenciais dentro do complexo hospitalario e a creación de novas unidades, incluso provocando o traslado de doentes a outras UCIs de xestión privada como a do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, no que constitúen «mostras significativas da saturación dos hospitais pertencentes á área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés».
Os traballadores sanitarios sinalan que a decisión tomouse sen consultalos, de xeito «unilateral» e para realizar obras de mantemento, «sen concretar o alcance nin os prazos de realización das mesmas», infrinxindo a normativa do plan específico de continxencia fronte á Covid-19 redactado polo SERGAS para a área sanitaria.
Por este motivo, o persoal manifesta «unha enorme indignación e descontento» logo «de todo o esforzo, tanto físico como psicolóxico», para o persoal de enfermería de cuidados intensivos, que declara sentirse «desamparado» ante a situación provocada pola cuestionable actuación levada a cabo dende a xerencia do Servizo Galego de Saúde.
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…