O Real decreto lei 8/2019 establece que, desde o 1 de abril de 2019, o Estado volva facerse cargo das cotizacións á Seguridade Social dos convenios especiais das coidadoras non profesionais de persoas dependentes, que se suprimiran no 2012.

(Coidadoras que sexan designadas como tales no Programa Individual de Atención, sempre e cando se acredite o recoñecemento da prestación económica da dependencia.)

QUE HAI QUE FACER?
 Se se recoñece a prestación a partir do 1 de abril e realizas a solicitude do convenio
especial:
 Dentro dos 90 días naturais seguintes á data de recoñecemento da
prestación económica, o convenio terá efectos desde a data de
recoñecemento da prestación.
 Se a realizas con posterioridade, dende o día da solicitude.
 Se optaches por deixar de cotizar, debes acudir á Seguridade Social coa resolución
de PIA onde se recoñece a prestación.
 Se a solicitude do convenio a realizaches dentro dos 90 días naturais
seguintes ao 1 de abril, terá efectos desde o 1 de abril.
 Se a realizas con posterioridade, dende o día da solicitude.
 Se optaches por seguir cotizando pola túa conta, non debes facer nada. A
Administración de oficio restitúe a cotización.
 Se estás traballando a xornada parcial, a cotización cubrirache ata a xornada
completa.