A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia que, coa argumento de loitar contra a pandemia do coronavirus, a cuestionable actuación da Xunta está a afectar ao tratamento e seguimento de persoas enfermas que precisan atención sanitaria.

Para o colectivo, «non parece xustificable manter o peche no momento actual co argumento de evitar o colapso de camas e hospitais» dado o descenso dos casos de COVID-19 que requiren hospitalización, recordando que ademáis nalgúns centros «non hai ningún».

A Asociación apunta que o argumento de evitar o risco de contaxio dos doentes que acoden aos hospitais públicos tampouco parece sostible polo descenso da epidemia e das persoas hospitalizadas, e que aínda que se deriven masivamente doentes a centros privados, o risco é exactamente o mesmo.

Segundo denuncian, as decisións do Goberno de Feijóo en materia sanitaria está a agravar a situación de centros coma o Complexo Hospitalario de Pontevedra, onde gran parte dos servizos de ciruxía e traumatoloxía están pechados, e a meirande parte de probas e consultas médicas son derivadas ao Hospital Quirón, pertencente á multinacional alemana Fresenius. 

Para a entidade, esta actuación da xerencia do SERGAS está a poñer en risco a pesoas que ven agravadas as súas enfermidades e tamén a quenes sofren patoloxías crónicas e dexenerativas, contribuíndo ademáis a levar as listas de espera «a cotas inaceptables» e un beneficio non xustificable aos grandes emporios da sanidade privada.

Por estas razóns, esixen a reanudación inmediata da actividade normal e a reapertura das salas e servizos clausurados pola epidemia, así como a posta en marcha dun plan para incrementar a actividade dos centros públicos mediante unha política de incentivos profesionais, a contratación do persoal que sexa necesario e o pleno aproveitamento dos centros públicos, abandoando a política de derivacións masivas de doentes a centros privados. 

DEJA UNA RESPUESTA