Común-Anova Mareas preguntará este mércores na Deputación Permanente da Cámara galega sobre as razóns polas que a Xunta fixo caso omiso sobre as alertas do Consello de Contas.
No ano 2017, este organismo público publicou o seu «Informe de fiscalización do gasto en atención a persoas maiores e dependentes» e nas súas conclusións afirmaba que algunhas das incidencias detectadas nas actuacións de control nos centros residenciais, tamén recollidas nas actas de Inspección de Servizos Sociais «refírense a incumprimentos en materia de persoal, fundamentalmente da ratio do persoal e a non diferenciación de funcións por categorías profesionais, o «uso inadecuado das instalacións», as «deficiencias nos protocolos de funcionamento», a «falta de rigor nos rexistros» e «a non actualización dos datos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS)».
O informe indica que «a pesar de que nos casos nos que as irregularidades observadas non se corrixiron non se iniciaron expedientes sancionadores» e «apreciáronse diferenzas na ratio de persoal de atención directa entre os centros xestionados con medios propios e os xestionados externamente, resultando unha media dun 9% superior nos primeiros» cando «a diferenza na ratio de persoal de atención directa é un factor que pode repercutir la calidade do servizo, e tamén na valoración outorgada á calidade polos residentes e familiares».
Para o Consello de Contas, «a incorporación de novos centros residenciais ao sistema debe acompañarse dun incremento do número de efectivos da Inspección de Servizos que reforcen a vixilancia» pos «o reforzamento da labor inspectora debe dirixirse a vixiar os incumprimentos da normativa ou estándares de calidade esixidos, adoptando as medidas correctoras e sancionadoras que sexan precisas».
Pese a todo, Antón Sánchez, tamén portavoz nacional de Anova, recorda que as familias das persoas usuarias e as plantillas dos centros residenciais levan moito tempo denunciando ditos incumprimentos mentres o Executivo de do PP «mira cara outro lado», algo que «dificultou enormemente a loita contra o coronavirus nestas semanas polo déficit de persoal e medios sanitarios». Por este motivo, esixe explicacións do Goberno da Xunta sobre as súas actuacións de inspección e sanción nos centros de atención a maiores nos últimos anos.
RELACIÓN DIRECTA DA MORTALIDADE NAS RESIDENCIAS COA PRIVATIZACIÓN DE SERVIZOS GO GOBERNO FEIJÓO
Para a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, as políticas de privatización de centros residenciais por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo caracterizáronse por numerosas «irregularidades» e «amiguismos» nas adxudicacións, o que sumado á falta de control posterior por parte da Xunta derivou na dramática situación actual, na que case a metade das vítimas mortais a nivel galego acaeceron en centros xeriátricos.
Para a entidade, «é evidente a relación entre as malas condicións de moitas delas e a deficiente xestión do problema por parte da Xunta e a Consellería co elevado número de persoas afectadas, tanto nos internados coma nos traballadores, que veñen realizando un inxente traballo pese á falta de recursos e equipos de protección adecuados».
Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…
El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…
El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…
El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…
La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…
Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…