Salvemos Cabana valora as declaracións públicas da empresa e afirma que esta “tan só busca agrandar as súas contas de resultados e o beneficio dos seus accionistas e investidores fronte á oposición veciñal que xeran dous dos proxectos extractivos máis contestados de Galicia”.
O colectivo de defensa ambiental considera que “non é licito utilizar a excusa dunha guerra que está a provocar miles de vítimas e millóns de persoas desplazadas nunha crisis humanitaria sen precedentes na historia recente de Europa empregando, como fai o director da compañía Steven Turner, o termo de ‘conflito xeopolítico’ para presionar á Xunta de cara á aprobación dos seus proxectos comerciais para a extracción de volframio”.
A asociación explica que alén da “solución” proposta por Rafaella Resources a súa proposta oriéntase exclusivamente “a incrementar o seu volume de negocio” ao tempo que “semella ignorar baixo o paraugas da minería sostible a grave problemática ambiental que históricamente veñen provocando as minas de Varilongo e San Fins e que podería verse aumentada polo tipo de operación comtemplada pola compañía”, que no primeiro caso plantexa a creación dunha megamina que ocuparía miles de parcelas rústicas nas parroquias de Grixoa e San Salvador, en Santa Comba e Cuns, en Coristanco, e que no segundo mantén aberto dende a Unión Europea un procedimento de infracción contra España polas verteduras con metais pesados procedentes da explotación dende fai anos, que “ademáis están a poñer en risco a supervivencia do ecosistema e o recurso socioeconómico da ría de Muros e Noia”.
INCUMPATIBILIDADE DOS PROXECTOS MINEIROS COA DIRECTIVA MARCO DA AUGA
Para a entidade, “tanto Varilongo como San Finx asócianse ao desastre ambiental xerado polo drenaxe ácido de mina (DAM) e o grave impacto que supón a falta de control administrativo sobre as actividades das empresas mineiras“, algo que “atenta directamente contra as obligacións derivadas da política comunitaria en materia de preservacións de augas superficiais e subterráneas”.
De feito, a día de hoxe, para o colectivo “ambos proxectos presentan unha incompatibilidade manifesta coa Directiva Europea 2000/60/CE“, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito de política de augas, e cuxo obxectivo é garantir a protección deste elemento que facilite a disponibilidade do recurso a longo prazo.
Esta Directiva baséase no artigo 174 do Tratado da UE e considérase como a máis ambiciosa de todas as normas europeas relacionadas co medio ambiente, buscando a protección de maneira conxunta de augas superficiais e subterráneas, de transición e as costeiras, remarcando ante todo a importancia de protexer os ecosistemas ante calquera ameaza destas características.
Ao respecto, a Directiva Marco da Auga sinala que “unha política de augas eficaz e coherente debe ter en conta a vulnerabilidade dos ecosistemas acuáticos situados cerca das costas” dado que “o equilibro de todas estas zonas depende en boa medida da calidade das augas continentais que flúen cara elas”.