Salvemos Cabana valora as declaracións públicas da empresa e afirma que esta «tan só busca agrandar as súas contas de resultados e o beneficio dos seus accionistas e investidores fronte á oposición veciñal que xeran dous dos proxectos extractivos máis contestados de Galicia».
O colectivo de defensa ambiental considera que «non é licito utilizar a excusa dunha guerra que está a provocar miles de vítimas e millóns de persoas desplazadas nunha crisis humanitaria sen precedentes na historia recente de Europa empregando, como fai o director da compañía Steven Turner, o termo de ‘conflito xeopolítico’ para presionar á Xunta de cara á aprobación dos seus proxectos comerciais para a extracción de volframio».
A asociación explica que alén da «solución» proposta por Rafaella Resources a súa proposta oriéntase exclusivamente «a incrementar o seu volume de negocio» ao tempo que «semella ignorar baixo o paraugas da minería sostible a grave problemática ambiental que históricamente veñen provocando as minas de Varilongo e San Fins e que podería verse aumentada polo tipo de operación comtemplada pola compañía», que no primeiro caso plantexa a creación dunha megamina que ocuparía miles de parcelas rústicas nas parroquias de Grixoa e San Salvador, en Santa Comba e Cuns, en Coristanco, e que no segundo mantén aberto dende a Unión Europea un procedimento de infracción contra España polas verteduras con metais pesados procedentes da explotación dende fai anos, que «ademáis están a poñer en risco a supervivencia do ecosistema e o recurso socioeconómico da ría de Muros e Noia».
Para a entidade, «tanto Varilongo como San Finx asócianse ao desastre ambiental xerado polo drenaxe ácido de mina (DAM) e o grave impacto que supón a falta de control administrativo sobre as actividades das empresas mineiras«, algo que «atenta directamente contra as obligacións derivadas da política comunitaria en materia de preservacións de augas superficiais e subterráneas».
De feito, a día de hoxe, para o colectivo «ambos proxectos presentan unha incompatibilidade manifesta coa Directiva Europea 2000/60/CE«, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito de política de augas, e cuxo obxectivo é garantir a protección deste elemento que facilite a disponibilidade do recurso a longo prazo.
Esta Directiva baséase no artigo 174 do Tratado da UE e considérase como a máis ambiciosa de todas as normas europeas relacionadas co medio ambiente, buscando a protección de maneira conxunta de augas superficiais e subterráneas, de transición e as costeiras, remarcando ante todo a importancia de protexer os ecosistemas ante calquera ameaza destas características.
Ao respecto, a Directiva Marco da Auga sinala que «unha política de augas eficaz e coherente debe ter en conta a vulnerabilidade dos ecosistemas acuáticos situados cerca das costas» dado que «o equilibro de todas estas zonas depende en boa medida da calidade das augas continentais que flúen cara elas».
Cuando un menor disfrazado se convierte en enemigo público, es que el sistema ha decidido…
Mientras Estados Unidos e Israel bombardean Irán y matan a cientos, la cúpula demócrata critica…
A 45 días del 12 de abril de 2026, el primer ministro húngaro convierte las…
Washington y Tel Aviv no actuaron por miedo, sino por oportunidad y cálculo electoral El…
Con un 40% de aprobación y 165 niñas asesinadas en una escuela, la Casa Blanca…
La izquierda lleva una década consumiendo referentes como si fueran productos de usar y tirar…