Do 28 de agosto ao 2 de setembro celébranse as “Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile e traxe tradicionais galegos”.

Trátase dun proxecto organizado pola asociación cultural Peis d’hos e promovido pola Mancomunidade do Morrazo (conxuntamente entre os concellos de Bueu, Cangas e Moaña) e consta de:

  • exposición permanente do traxe tradicional galego e de instrumentos musicais tradicionais do 28 de agosto ao 2 de setembro en Bueu e Moaña.
  • obradoiros, charlas, conferencias nos días 29, 30, 31 de agosto e 1 de setembro (repartidos nos concellos de Bueu e Moaña).
  • Mostra Etnográfica do Morrazo (MEM) o domingo 2 de setembro en Cangas, con pasarrúas, Desfile do Traxe en escenario con pasarela a cargo de Sete Espadelas de Pontevedra e actuacións dos grupos Cántigas e Frores de Lugo, Trébede do Morrazo e Xacarandaina da Coruña.

 

Deja un comentario