Redacción Galiza

CxG pon de manifesto a necesidade de trasladar a educación e formación viaria ao eido educativo dirixida por técnicos na materia, non por policías locais como acontece na maior parte dos concellos. Os policías locais son necesarios en labouras de apoio e complementarias a educación vial, tendo que ser esta de calidade e, por tanto, de técnicos cualificados, pasando estés a depender de educación e non de tráfico.

O partido reuníuse con Alberto Bugallo, presidente da Asociación Provincial de Autoescolas de Pontevedra. Trataron varios temas referentes sobre todo á seguridade viaria e as especifidades propias ao noso territorio: dispersión xeográfica, rede de estradas, condicións climáticas, que fan precisa unha acción política propia en Galicia, non estandarizada e centralizada.

Segundo indicou Piñeiro Docampo, unha das posibles medidas estaría en baixar a idade de permiso de conducir aos 16 anos, idade de incorporación legal ó mercado laboral. CxG entende que o permiso de conducir é en Galicia unha necesidade para o traballo, no que xeralmente temos moitos desprazamentos. E o mapa de transportes da Xunta non cubre esta necesidade. Este permiso estaría adecuado a un axuste curricular necesario para a incorporación ao mercado laboral e un itinerario profesional para o que xunta dotaría de orientadores ás autoescolas, axudando enormemente a un sector en crise.

É dicir tratándose dunha poboación cunhas condicións especiais, tamén require de medidas excepcionais, máis por selo non se pode mirar para outra banda, senón regulando con rigorosidade para o cal precisamos as transferencias materia.

Por último falaron do futuro do sector e a súa adaptación ás novas tecnoloxías un reto no que CxG opina que a Xunta ten que investir en I+D+I.

Deja un comentario