Categorías: Galiza

Declaración: 43 Aniversario da Constitución española

Un ano máis, a Constitución española será obxecto de exaltación e defensa fanática por parte daqueles que se resisten a responder ás demandas nacionais dos nosos pobos. Pasaron 43 anos dun referendo constitucional, condicionado pola transición imposta pola estrutura fáctica herdada do franquismo, coa Monarquía Borbónica á fronte.

Unha constitución que deixou pechados os dereitos dos nosos pobos entre as liñas do seu propio texto, negando a realidade plurinacional e os conseguintes dereitos nacionais das nosas respectivas nacións. Unha Constitución que foi fonte de enfrontamento e sufrimento nestas décadas.

Houbo un tempo no que as constitucións tiñan un obxectivo fundamental, protexer os dereitos civís e políticos da cidadanía. España tamén foi a excepción nisto. O famoso “todo atado e ben atado”, fala por si só. Os nosos dereitos como nación están atados de pés e mans.

No marco desta Constitución xurdiu un modelo autonómico de descentralización. Ese modelo non só está esgotado, sen cumprir en moitos aspectos, se non que ademais sofreu, numerosas laminacións unilaterais pola acción lexislativa do Congreso dos Deputados (LOAPA, acción de leis orgánicas…) e pola permanente intervención invasora dun Tribunal Constitucional convertido en instrumento de recentralización do Estado.

Ademais de todo iso, estamos ante unha Constitución cun evidente déficit de lexitimidade. A maioría da poboación actual das nosas nacións e do Estado español non tivo a oportunidade de opinar sobre cuestións capitais do seu contido, como son: a Monarquía, o modelo territorial, os dereitos sociais…

Polo tanto, estamos ante unha Constitución esgotada, deslexitimada e convertida en factor condicionante e determinante das nosas aspiracións democráticas. Pensamos que xa é hora de facer fronte a cambios estruturais. É máis, a pesar de discursos e posicións inmobilistas, o propio Estado español é consciente da fin do ciclo constitucional e da necesidade de reformas.

Asistimos a unha clara confrontación entre dúas tendencias contrapostas. Por unha parte, a de quen pretende pechar este ciclo cunha nova aspiración de maquillaxe, de aparencia aberta ou progresista, pero sen tocar para nada os cimentos desta Constitución. Por outra, quen propón unha involución centralizadora e antidemocrática, a fin de contas, quen pretende volver á época anterior ao 78, e incluso anterior ao 75.

Esas son as súas intencións, pero as nosas nacións teñen que erguer a súa voz. O debate sobre a cuestión territorial vai estar presente e debemos estar preparadas para defender conxuntamente a nosa posición. Ao longo destes máis de 40 anos, o mundo coñeceu cambios profundos e é previsíbel que nas próximas décadas asistamos a transformacións de ruptura. Estas transformacións van amosar aínda máis a necesidade de instrumentos e capacidades de decisión para facer fronte aos retos que como nacións e como cidadanía se nos presentan.

Por todo isto os asinantes desta Declaración queremos reafirmar que:

Esta Constitución converteuse nun instrumento para violentar dereitos democráticos básicos. En nome desta Constitución impídese darlle unha canalización ao desenvolvemento da vontade democrática dos nosos pobos e criminalízase e reprímese calquera exercicio democrático que persiga tal obxectivo. É dicir, esta Constitución sitúase como impedimento estrutural dun futuro en democracia para as nosas nacións, sendo indispensábel a súa reforma radical tanto no modelo de Estado como en dereitos sociais.

Seguiremos demandando e loitando por esixir ao Estado un modelo que, desde o recoñecemento da plurinacionalidade do Estado e do dereito de autodeterminación dos pobos, permita á cidadanía dos nosos respectivos pobos decidir democraticamente o seu modelo político e relación co Estado. Somos nacións e queremos decidir democraticamente o noso futuro.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

La rebelión de las universidades

Harvard desafía a la administración Trump y denuncia el chantaje político disfrazado de lucha contra…

2 días hace

Nadie salva a Argentina: Trump, el FMI y la motosierra de Milei

Un nuevo rescate multimillonario, una nueva crisis social. Washington aprieta mientras Milei entrega soberanía a…

2 días hace

La barbarie silenciada en Sudán: dos años de guerra y hambre con sello internacional

Europa cierra los ojos. Estados Unidos corta la ayuda. Y las grandes potencias alimentan el…

2 días hace

Errol Musk, a su hijo: “Te arruinaré, y la gente sabrá quién eres realmente”

El padre de Elon Musk desata una guerra familiar mientras el magnate se hunde entre…

2 días hace

La mentira de la “primera misión espacial femenina”: borrar a Tereshkova para vender turismo de élite

El sensacionalismo mediático de la industria espacial privada intenta reescribir la historia a golpe de…

2 días hace

NACIONAL | Héroe del silencio

Abascal huye mientras Trump castiga a España con aranceles Santiago Abascal lleva una década al…

2 días hace