Trala escandalosa manipulación e desmantelamento do servizo público de información por parte do Partido Popular, a Coalición Son vén de presentar unha moción para reivindicar a defensa da calidade e a independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

Jácome apunta que hai un “incumprimento sistemático” da Lei 9/2011, especialmente naqueles aspectos que afondan na independencia e calidade dos medios públicos; seguindo como director xeral un cargo elixido e nomeado polo PP, “cando debería ter sido elixido por unha ampla maioría de dous terzos no Parlamento” engadiu Xosé Lois Jácome.

Para o deputado provincial, non son novas as denuncias por parte do persoal da CRTVG; Jácome aseguro “é algo que vén de lonxe, na CRTVG non puidemos ver a comparecencia en directo de Feijóo cando explotou a súa casual relación de amizade co narcotraficante Marcial Dorado, tampouco puidemos ver máis de 50 segundos no telexornal sobre a sentenza da Gürtel, unha orde expresa da xefa de redacción”.

A CRTVG está baixo mínimos en canto a produción propia, o deputado provincial advirte que a este paso soamente teremos “o telexornal e pouco máis”, e “coa precaria equipa de normalización lingüística case nin se poden revisar todos os produtos audiovisuais que veñen de fóra” o que para a Coalición Son supón unha grave situación para a nosa lingua, algo que supostamente tamén é obxectivo da Lei 9/2011: a divulgación e fomento do galego.

Jácome tamén reivindicará no pleno azos e apoio expreso a todo o persoal da CRTVG que se atopa coartado na súa liberdade de prensa, e especialmente ós profesionais que veñen de dimitir en pro duns medios públicos de comunicación plurais e independentes.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario