O vindeiro luns 29 de novembro ás 13:30 horas terá lugar un Pleno extraordinario na Casa da Cultura para abordar a renovación da autorización ambiental á empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L. ao que poderá asistir toda aquela persoa que o desexe.
Esta medida foi solicitada pola Marea Veciñal de Touro ante «os cheiros insufribles» que chegan dende a antiga mina de Touro e que leva anos padecendo a veciñanza como «consecuencia do colaboracionismo» do alcalde Ignacio Codesido, que, segundo denuncian, en todo este tempo negouse a levar a cabo unha auditoría para detectar posibles irregularidades pese ás reiteradas peticións da formación e nin tan sequera presentou unha soa denuncia polos continuos episodios de cheiros, que no seu conxunto están a constituir un grave problema de saúde pública.
Neste senso recordan que xa no ano 2015 -ano de outorgación da licenza- e con Codesido como alcalde, o concello non presentou ningunha alegación, trasladándolle á Consellería de Medio Ambiente que todo funcionada correctamente e sen problemas. Sen embargo, ao mesmo tempo o rexedor popular negoulle á veciñanza á información precisa para que puidese presentar alegacións, dándolle deste xeito «barra libre» á empresa para seguir incumprindo a Lei ao superar con moito á súa capacidade de xestión do refugallo procedente de distintos puntos de toda Galicia.
Por estas razóns, a Marea Vecinal de Touro decidiu solicitar un Pleno aberto á poboación porque «as cousas mudaron» e «agora xa non se pode facer o que fixo en 2015», perseguindo, ademáis, que a autoridade municipal adopte unha postura «ante un tema que é de interese xeral para a veciñanza».
La Agencia Tributaria registra 7.037 deudores que acumulan más de 17.700 millones
Rayo Vallecano no ha cesado a su entrenador del equipo femenino, que, por el contrario,…
El portavoz de Vox ha asegurado además que la formación vasca no debería estar representada…
Después de dejar la política Albert Rivera no deja de sorprender por su emprendurismo, pero…
Este miércoles la Comunidad de Madrid ha presentado un acto por la “Semana del Español…
Es preciso adaptar y adecuar los medios y el operativo a las características del nuevo…