A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, interpelou ao Subsecretario de Industria, Comercio e Turismo, que compareceu para presentar os PXE19 para o Ministerio. “Temos certa preocupación cos Orzamentos para Industria. Somos o Grupo que revindicou a necesidade de potenciar un Ministerio con perfil propio. O principal reto é acometer un cambio radical de modelo produtivo e, para iso, era necesario crear un Ministerio propio”, incidiu.

Respecto ao Orzamento de Industria, Díaz lembrou que “a cuantía non alcanza a ambición que debería, polo que non seremos capaces de cumprir co mandato do 2020 cos recursos públicos que imos adicar para os cambios que precisa o noso país”. Neste senso, “non permitiremos que España se convirta nun deserto industrial e nun enano teconlóxico e científico. Precisamos unha revolución tecnolóxica, se imos cara un deserto industrial non cubriremos as necesidades”, sentenciou.

Para Díaz, en materia industrial “os orzamentos son decepcionantes, polo que vemos continuismo e recortes en partidas importantes”.

“É certo que temos unha posición crítica coa política da ministra de Industria, moi crítica pola súa pasividade: pedimos a reprobación da mesma, xa que os traballadores de Isowat vanse ás rúas porque o seu ministerio non fixo nada para evitarlo. Vanse tamén ás rúas os do naval e non fai falla que diga o que esta pasando noutras empresas como Ferroatlántica ou Alcoa. Se non hai remedio, en xuño, os traballodores de Alcoa irán ás rúas”, dixo. 

Por todo isto, Díaz mostrouse preocupada por partidas que se recortan, así como pola afectación de zonas do país asoladas, que son desertos industriais con problemas sociais, tales como Ferrol, “comarcas que non parecen existir no Orzamento”, di.