Categorías: Galiza

Do Monte Neme a Touro, San Finx e Varilongo: Antón Sánchez denuncia que «Galiza é unha mina» para tapar os buracos producidos polas empresas do PP

O portavoz nacional de Anova Antón Sánchez denuncia a intención da Xunta de utilizar fondos europeos Next Generation para a restauración dos prexuizos ambientais producidos pola operación extractiva no Monte Neme.

Desastre ambiental provocado pola actividade da mina de cobre de Touro / Cedida

Sánchez recorda que Leitosa S.A., empresa vinculada ao clan Cotino, involutrado na rede Gürtel, explotou a mina do Monte Neme ata o 2012, ano en que entrou en concurso de acreedores, sendo liquidada por mandamento xudicial un ano máis tarde. O resultado é que se foi «deixando a explotación abandoada, sen restaurar e nunha situación moi perigosa», chegando a rebentar en febreiro de 2014 unhas balsas e provocando unha verdedura de 24.000 metros cúbicos de auga e lamas que finalmente produciu cuantiosos danos materiais que tiveron que ser asumidos polos concellos.

Balsas mineiras abandonadas no Monte Neme. A explotación, vinculada ao clan Cotino na súa última época, recibiu 60.000 euros en axudas públicas de carácter ambiental / Cedida

O responsable político denuncia ademáis que a empresa recibiu da Xunta 60.000 euros en «axudas ambientais» e que, logo da súa fuxida, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo pretende poñer 1 millóns de euros máis das partidas dos fondos Next Generation, un instrumento temporal concibido para impulsar a recuperación económica derivada da crise provocada pola Covid-19, non para «tapar os buracos producidos polas empresas do PP».

Para Antón Sánchez, neste sentido «Galiza é unha mina» para arranxar as desfeitas vinculadas á nefasta xestión do Partido Popular en materia mineira, dado que a situación do Monte Neme non é a excepción senón a norma dun «saqueo» amparado pola Xunta e o PP, como en demostran explotacións coma a de Touro, San Finx, Varilongo ou as pizarreiras de Valdeorras.

«Os impactos pagámolos tod@s e os beneficios e as subvencións van para estas empresas piratas con relacións espúreas co poder público» -incide o voceiro de Anova-.

«Agora queren retomar a explotación de Touro, que leva 30 anos sufrindo a contaminación e custes desde xeito de actuar, e non escatiman en facer publicidade pagada nos medios e en comprar persoeiros que pretenden lavar a imaxe deste proxecto como algo rexenerador e positivo» -sinala Sánchez-.

Antón Sánchez denuncia que dende o PP no Goberno galego e os seus acólitos «pretenden que lles sigamos a pagar a festa» ás empresas afíns cando nin tan sequera está aprobado un borrador do Plan Sectorial de Actividades Extractivas, que a Lei 3/2008, de ordenación da minería de Galicia, sinala como «fundamental para compaxinar a actividade mineira con outras actividades e encaixala dentro do respecto ao medio ambiente e o territorio».

«Imaxínense como será a actividade mineira en Galiza cando non se poden poñer por escrito as súas intencións» -remata o portavoz-.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Maestra Meloni

El manual de mascaradas y mentiras que la extrema derecha quiere copiar EL LABORATORIO POSFASCISTA…

2 semanas hace

NACIONAL | Huelga contra Ayuso: universidad en lucha

Una comunidad académica agotada planta cara al desmantelamiento lento, metódico y perfectamente calculado LA UNIVERSIDAD…

2 semanas hace

NACIONAL | Juan Carlos I pide perdón desde el desierto: memoria selectiva, impunidad heredada

El emérito reaparece en la televisión francesa para blanquear medio siglo de privilegios y cerrar,…

2 semanas hace

Alemania vuelve a armar a Israel

El Gobierno alemán habla de estabilizar Gaza mientras alimenta la maquinaria que la destruye. LA…

2 semanas hace

NACIONAL | ‘Anotop’ y el derrumbe de un liderazgo de Feijóo que nunca despegó

Cuando un lapsus deja al desnudo no solo a un político, sino a un proyecto…

2 semanas hace

Perdonavidas Trump

Cuando Trump dice salvar vidas, tiemblan los pueblos que ya han probado su idea de…

2 semanas hace