Categorías: Galiza

Ecoloxistas en Acción alerta do elevado risco de accidente pola falta de control administrativo sobre a mina de Varilongo e o Grupo Mineiro Santa Comba

A organización lembralle ao Xefe Territorial da Consellería de Industria na Coruña que a deixación de funcións pode ter graves consecuencias en termos de perda de vidas humanas, outros danos e perxuizos económicos derivados e solicita tamén que se proceda a incoar expediente sancionar contra a empresa concesionaria, Galicia Tin & Tungsten SL, por ter xerado unha situación de risco para a vida das persoas e a fauna, ao non cumprir as súas obrigas de manter en seguranza as labores mineiras dentro das concesións.

Ecoloxistas en Acción reclama unha actuación administrativa eficaz no Grupo Mineiro Santa Comba / Cedida

Ecoloxistas en Acción insta ademais a que se proceda de inmediato á revisión de oficio do Proxecto de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba, á vista de que na súa tramitación existen indicios de ilícitos penais, ao térense excluído do mesmo o conxunto de labores mineiras, depósitos de residuos mineiros e outros pasivos ambientais, como aqueles que si constaban no “Proyecto de abandono definitivo de las antiguas labores en las concesiones mineras…” de 2007, así como no “Inventario, Reconocimiento y Evaluación de Riesgos de balsas mineras y escombreras de la Comunidad Autónoma Gallega” elaborado para a Dirección Xeral de Industria da Xunta en 1999, que inclúe no seu “Inventario de Balsas y Escombreras de la Comunidad Autónoma de Galicia” os depósitos de residuos mineiros do Grupo Mineiro Santa Comba.

O colectivo sinala que no ámbito das concesións do Grupo Mineiro Santa Comba, mantidas artificialmente vixentes pola Xunta de Galicia a pesar de ter estado abandonada a explotación desde 1986, existen numerosas labores mineiras (pozos, traballos a ceu aberto, chimineas de respiración, etc.) que nin foron obxeto de restauración nin contan con medida algunha de seguridade para evitar riscos.

Na súa denuncia, Ecoloxistas indica que «en reiteradas ocasións animais salvaxes e domésticos caeron nestes pozos» e que é «unha mera cuestión de tempo que o estado de alto risco que presentan estas labores poidan chegar a producir víctimas humanas», dada a frecuencia coa que pola zona se practican actividades deportivas, visitas, etc. De feito, esta mesma fim de semana o parque comarcal de bombeiros tivo que realizar un rescate dun can que se precipitou 15 metros por un destes labores mineiros.

A entidade lembra que a Xefatura Territorial e a Administración mineira da Xunta é perfectamente coñecedora da situación existente desde hai décadas, obrando nos arquivos desa Xefatura numerosas denuncias de particulares e informes da Consellería de Medio Rural que evidencian a gravedade do problema, sen que a Administración mineira teña actuado.

En maio de 2007 a entón aínda titular das concesións presentou un “Proyecto de abandono definitivo de las antiguas labores en las concesiones mineras…” do Grupo Mineiro Santa Comba, como consecuencia do oficio da Sección de Minas de xaneiro dese mesmo ano instando á súa presentación. O proxecto, cun orzamento de 874.332,54 euros incluía a restauración do conxunto das labores mineiras, incluindo a que na pasada fin de semana provocou o accidente antes descrito. Con posterioridade, en 2011, a mesma Administración aprobou un “Proxecto de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba” de xuño de 2009 cun orzamento de 53.302,54 euros, que non incluía a restauración das labores abandonadas. A exclusión destas, da que é coñecedor Isidoro Martínez Arca, pode ser constitutiva dun delito de prevaricación e/ou prevaricación ambiental.

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

El aeropuerto ya no es solo una sala de espera

Durante años, hacer escala era casi una mala noticia. Más horas sentado, más cafés caros,…

2 semanas hace

NACIONAL | Zapatero: indicios serios, pruebas incompletas y una derecha oliendo sangre

El caso exige investigación hasta el fondo, pero también exige no confundir un auto judicial…

2 semanas hace

NACIONAL | Rufián desafía a Junqueras y se ofrece para liderar una izquierda unida

El portavoz de ERC ya no insinúa: quiere encabezar una confluencia estatal y soberanista mientras…

2 semanas hace

Ben Gvir convierte el secuestro de la flotilla en un espectáculo de humillación y abre una grieta en Israel

El ministro ultraderechista exhibe a centenares de activistas maniatados como trofeos de guerra mientras Europa…

2 semanas hace

NACIONAL | Ayuso intenta frenar la regularización de migrantes con bulos sobre sanidad, ayudas y “colapso” social

La presidenta madrileña ha llevado al Supremo un relato construido sobre medias verdades y miedo…

2 semanas hace

Von der Leyen vuelve a arrodillarse ante Trump y la UE acepta un pacto comercial humillante

Bruselas firma unos aranceles del 15% contra Europa mientras mantiene abierto el mercado europeo a…

2 semanas hace