A organización ve positivo que o Concello de Santa Comba se achegue a comprobar as denuncias da veciñanza de Varilongo das que a organización ecoloxista fíxose eco. Asimesmo que Augas de Galicia e Minas de Galicia desplacen técnicos para, averiguar o que está a acontecer.
Sen embargo, contrariamente ao afirmado nalgúns medios locais polo alcalde de Santa Comba, o transversal de Carballeira, sí está conectado coa mina carmen. O que non entende a organización ecoloxista galega é porque Minas de Galicia reincide en afirmar que a explotación do Grupo Mineiro Santa Comba conta con avaliación ambiental cando non é certo e así consta no expediente.
A mina Carmen foi explotada tradicionalmente mediante galerías en superficie e un pozo vertical que chega ao nível 50. O transversal de Carballeira curta nos filóns Don Miguel, Restrevas e Intermedio á cota 400 (nivel 50). Os labores do filón Restrevas chega a calar en Carmén, por tanto, ambas as minas atópanse conectadas a nivel 50. As verteduras de augas industriais de refugallo da explotación mineira están sendo realizadas sobre un solo rústico de especial protección agropecuaria.
O Grupo Mineiro Sta. Comba só conta cunha autorización administrativa puntual, carece dunha avaliación de impacto ambiental. En 25/03/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas D. Anxo R. Calvo Silvosa dictou “Resolución de transmisión de dereitos mineiros”, que establecía que a explotación das concesións “estará suxeita ás seguintes prescricións”: “Para poder proceder á explotación se deberá contar coa declaración ambiental e coa aprobación do proxecto de explotación e plan de restauración correspondentes”. En 06/08/2009, a necesidade de someter a actividade a avaliación de impacto ambiental é confirmada mediante Informe do enxeñeiro actuario D. Juan Lizaur Otero. A pesar do anterior, os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental, de modo que a empresa concesionaria non dispón de autorización ambiental para realizar a actividade, e moito menos autorización para o baleirado das plantas inundadas e vertedura sen tratamento de ditas augas ao dominio público hidráulico.
Ecoloxistas en Acción sinala que non se coñece ningunha canteira de áridos do país que necesite 10 hectareas de balsas de residuos mineiros. Aclaran tamén que unha balsa de decantación non garante que as augas industrias verquidas no regato da Braña Ancha, tributo do río Xallas, só limitan a cantidade de sólidos en suspension, e non as especies metálicas en disolución, que por tanto están afectando de forma directa ao ecosistema fluvial. Esta depuración rudimentaria das augas residuais non garante que as verteduras no regato da Braña Ancha, tributo do río Xallas, non conteñan metais pesados ou sulfuros.
A organización ecoloxistas galega entende que para acadar a tranquilidade da veciñanza se debe averiguar se hai contaminación e o alcance desta. Por iso, sinalan que é unha temeridade aseverar que son augas limpas as procedentes de galería de Carballeira sen ter os resultados das analiticas que, segundo declaracións do rexidor municipal, Augas de Galicia realizaron os seus técnicos deplazados ao lugar dos feitos. Para detectar e cuantificar este tipo de envelenamento das augas non serven as análeses normais de fecais. A desinformación é un tóxico máis letal que a contaminación provocada polo extractivismo mineiro.
A entidade demanda a Augas de Galicia que unha vez rematados os traballos de campo e de laboratorio faga públicos non só os resultados senón o informe completo e detallado das análiticas. Ademais solicita ao Concello de Sta. Comba que se una a esta demanda para saber con exactitude cal é o alcance da contaminación, porque “só sendo coñecedores da verdade poderase actuar polo ben común da veciñanza”.