Victoria Portas

Hoxe, 15 de outubro e o  Día Internacional da muller rural, un día para recordar a necesidade de crear políticas de fomento de igualdade e de loita contra a discriminación e erradicación da violencia de xénero.

Con data anterior o 2007 o cómputo de persoas no réximen agrario alcanzaba as 200.000 persoas, pero coa integración do Réximen Especial Agrario no  Réximen Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomos, calcúlase que soamente 35.000 traballadores do sector integranse no réximen de autónomos e a cuantía de mulleres é 0.

Posteriormente surxe a  Lei de titularidade Compartida do ano 2011, que buscaba  que as mulleres que traballaban nas súas propias explotacións, (en Galiza máis de 30.000 mulleres), foran titulares de dereitos, xa que a titularidade nun 99% estaban a nome de homes. A realidade foi outra e soamente se tramitaron 603 titularidades compartidas en todo o Estado das cales 18 foron na Galiza.

Creouse o Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (PDR) (do ano 2015), onde unha das suas líneas básicas de actuación e a calidade de vida da poboación rural. Pero seguindo a mesma tónica que as anteriores, non se valora a fenda de xénero no sector e  sorprende a GRAN AUSENCIA en este documento dunha reflexión sobre as pensións que reforzan  a renta dispoñible das nosas agricultoras.

A Política Agraria Comunitaria (PAC) que podía ser unha ferramenta importante para a dinamización do rural, non contemplan a perspectiva de xénero e non está a traballar para favorecer a presenza igualitaria da muller en ningún dos ámbitos (Pese a que hai máis mulleres beneficiarias da PAC que homes, perciben un 39% menos destas axudas agrarias que os homes).

Hoxe, salvo que os seus patrimonios persoais lles permitan evitalo, un autónomo xubilado en Galicia está condeado a vivir ao borde da pobreza, con una pensión media de 612,23 €/mes, distando moito do  salario mínimo interprofesional (900 euros). Pois unha muller do rural aínda sufre un agravio todavía  maior pois a súa pensión media é uns  200 €/mes menos.

Por ese motivo dende o  2013 o escaso poder adquisitivo que teñen as mulleres do rural, o non cumprir os requisitos para acceder a xubilación nin os 65 nin os 67 anos, ou cumplindo a gran caída dos seus ingresos son algún  dos principais motivos polas que as mulleres rurais , as traballadoras do RETA postergan a súa idade de xubilación moi por encima das idades ordinarias e moitas delas nunca chegarán a percibir unha pensión de xubilación.

Un gran fracaso, que afecta a unhas 30.000 mulleres galegas que a día de hoxe seguen  invisibilizadas no seu sector, sin poder facer fronte a cotizacións e seguros xa que se consideran mera “axuda familiar” e que sufrirán as consecuencias máis notorias no momento que xa non poidan traballar máis.

Un gran fracaso,que o sistema invisibilice os anos de traballo no campo e que hoxe as recompense no mellor dos casos con pensións non contributivas de 369.90 €/mes.

Si a todo isto engadimos que o acceso aos servizos públicos no rural, cada vez son máis escasos e precarios, fai que os recursos adicados a erradicación da violencia de  xénero con políticas de igualdade a asistencia sanitaria, educación ou prestacións sociais como centros de día ou residencias, son totalmente insuficiente e na maioría dos casos inexistentes.

Estamos a condear as mulleres do rural a vivir dentro dos umbrais da pobreza.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario