André Abeledo Fernández

A Folga Xeral é a maior demostración de forza de pode facer a clase traballadora na defensa dos seus dereitos e os seus intereses.

A folga e un dereito e unha ferramenta para as traballadoras e os traballadores, o dereito a folga é unha das grandes conquistas da clase obreira.

Existen motivos para a folga, máis ben sobran motivos para unha folga xeral.

A tan falada recuperación económica chegou ao peto dos máis ricos, pero non aos salarios nin as pensións da clase traballadora.

A día de hoxe ter un traballo non garante saír da pobreza, un pode ter un emprego e non ser capaz de chegar a fin de mes, o mesmo pasa coas pensións.

A reforma laboral impuxo a pobreza laboral, impuxo o medo, a precariedade, os salarios miserentos, e os contratos lixo.

Os recortes afectan directamente a columna vertebral do mal chamado “estado do benestar”, a sanidade, ao ensino, aos servizos sociais, etc.

A liberdade de expresión foi recortada dun xeito brutal a todos os niveis.

A corrupción esta podrecendo as nosas institucións.

Por todo o dito, como defensor sen ambaxes dos intereses da clase traballadora apoio o dereito a folga, e como non pode ser doutro xeito a folga do próximo 19 de Xuño como ferramenta lexitima da clase traballadora.

mm
Concelleiro de Esquerda Unida en Narón, comunista que tenta ser consecuente, sindicalista dos que loitan e sufren represión, pai orgulloso, clase obreira.

Deja un comentario