En Común-Unidas Podemos mostrou este sábado a súa solidariedade coa folga de pilotos de helicópteros de Babcock, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra o lume en Galicia.

«Amosamos a nosa solidariedade coa folga que arranca hoxe para denunciar unha situación de precariedade, cunha baixada de salarios que pode chegar ata o 30%», asegurou a deputada Yolanda Díaz.

Díaz lembra que os pilotos comezaron a negociar o II Convenio, e a empresa aducindo perdas, quere baixar os salarios a datos de 2011, mentras o sindicato SEPLA di que non hai perdas reais, hai baixada de ingresos, pero non hai motivos que xustifiquen a baixada dos soldos.

«Estamos a falar de servicios estratéxicos, Salvamento Marítimo é básico para Galicia. Teñen que prestar o seu servizo en condicións dignas», asegurou a deputada, que pide ás Administracións públicas e ás empresas subcontratadas «que deixen de xogar coa seguridade da cidadanía».

En Común envía toda a súa forza para esta folga e anuncia que manterá a vindeira semana unha xuntanza cos traballadores e trraballadoras.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario