En Común Unidas Podemos presenta a súa candidatura en Vigo e destaca a importancia das medidas “urxentes” como a gratuidade da AP-9
A candidatura de En Común Unidas Podemos por Pontevedra arrincou este luns en Vigo resaltando que é o único espazo político que “non debe nada aos poderosos” e que hai que chegar ao Goberno para “tomar medidas urxentes como a gratuidade da AP-9”.
A cabeza de lista, Yolanda Díaz, sinalou que “a AP9 debe ser nacionalizada para que o norte e o sur sirva para conectar aos galegos e galegas, polo que debe ser pública e gratuíta”.
“Unha de cada tres persoas traballadoras perciben rendas por debaixo dos 650 euros ao mes. A crise afectou especialmente a esta provincia. Temos sectores estratéxicos coma o da automoción, aeronáutica ou alimenticio, no que non se invirte, e só se precariza o emprego”.  “As nosas propostas durante estes anos no Congreso son valentes, porque foron pensadas por profesionais, especialistas e académicos de gran prestixio. Temos a mellor candidatura da provincia de Pontevedra cun equipo formado por perfís excepcionais coma Ángela Rodríguez ou Mariquiña Lores”.
Pola súa banda a candidata María Luisa Lores ‘Mariquiña’, lembrou a situación da sanidade en Galicia. “Adícome á sanidade pública, pero estou aquí, en Unidades Podemos porque é o proxecto que realmente a defende”, asegurou, despois de lembrar que “a atención primaria é a área máis afectada na sanidade pública e a peor parada polas políticas do PP”. 
Antón Gómez-Reino sinalou que “representamos, literalmente, o morado do feminismo, o vermello das loitas sociais e o verde do ecoloxismo. Debemos impedir o goberno do PSOE con Ciudadanos, porque un goberno socialista forte ten tendencia a facer políticas de dereitas”, apunta. “Presentámonos coa intención de gobernar, coa intención de evitar un estancamento e co obxectivo de crear un futuro no que teñan cabida as maiorías sociais”. 
Da mesma opinión foi o catedrático e candidato Jaime Cabezas, que incidiu en que “temos a oportunidade de facer historia e deixar atrás unhas políticas conservadoras e antidemocráticas”.
Estes tres anos a dereita impediu que se invertira en gasto social. “O Senado é fundamental para que recuperemos as institucións para a xente. Esta candidatura e a única esperanza de futuro para Galicia e as futuras xeracións”, dixo Vanessa Angustia, candidata ao Senado.
Ángela Rodríguez (Pam), a número 2 en Pontevedra, sinalou que “este é o único espazo político que ten as mans libres para poder facer política sen deber nada aos poderosos. O PSOE depende dos compromisos cos poderosos, nos só debémonos á xente. É imprescindible que estemos no Goberno para garantir que se apliquen medidas sociais e feministas”, afirmou.

Deja un comentario