A deputada de En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, denunciou este xoves en Ferrol a «conducta impropia» do Goberno ao abandonar dúas pezas de caracter singular, como é o caso do edificio de Aduanas ou do vello edificio da Autoridade Portuaria.

«En ambos casos, o Goberno central ten esas dúas pezas en completo abandono, e mesmo en situación de ruina. Estas pezas son singulares, atópanse as dúas na fachada marítima da cidade e as dúas ao carón dunha peza extraordinaria como é o arsenal militar. É unha conducta impropia dun Goberno», afirmou a deputada.

No caso do edificio de Aduanas, o PSOE na oposición votou a favor das iniciativas de En Común-Unidas Podemos para ceder á cidade de Ferrol este edificio e que poidese ser empregado para usos que desexe a propia cidadanía. Pola contra, «agora négase á entrega deste edificio e «non cumpre coas súas obrigas de mantemento».

No caso da Autoridade Portuaria, «aínda é peor», denuncia a deputada.

«Pedimos con urxencia un proxecto de rehabilitación para o edificio da vella Autoridade Portuaria, do contrario será declarado ruina e perderemos unha peza que é clave para a fachada marítima da cidade de ferrol», concluiu.

Yolanda Díaz xa ten presentado numerosas iniciativas para o seu debate en Comisión e preguntas escritas ao Goberno para reclamar unha solución para estas pezas de carácter singular. Na vindeira lexislatura, En Común levará de novo esta iniciativa ao Congreso ata conseguir unha solución para estes emblemáticos edificios de Ferrol.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario