O Partido Popular está institucionalizando a corrupción dando apoio á Valedora do Pobo despois de que o Tribunal Superio de Xustiza de Galicia condenase á Valeduría por ter vulnerado dereitos fundamentais ao colocar nunha praza a unha persona con recoñecida proximidade coa Valedora. Luís Villares defendeu na súa intervención a necesidade de que o Parlamento de Galicia non ampare actitudes corruptas e tamén que se cesara á Milagros Otero para “recuperar o prestixio desa institución”.

O voceiro de En Marea asegurou que o Partido Popular tiña que retratarse. “Ten que decidir se está do lado dos enchufes, do clientelismo, dos que actúan con arbitrariedade, utilizando o seu poder indebidamente, en definitiva, se está do lado dos corruptos”. Finalmente, o PP avalou a continuidade de Milagros Otero e retratouse do lado da corrupción.  Villares sinalou que permitir a continuidade da Valedora significaba “amparar o uso clientelar das institucións, vulnerar os dereitos fundamentais dos demais aspirantes e obstaculizar o acceso á información”.

Luís Villares, que considerou que este era o debate máis importante sobre corrupción no que vai de lexislatura, sinalou que do que se trataba a votación era de “decidir se estamos dispostos ou non a seguir tolerando que haxa persoas que empreguen as institucións públicas en beneficio particular, para beneficiar aos seus amigos, aos seus antigos xefes e para devolver favores ao partido que as puxo no seu cargo”.

O voceiro de En Marea considera que agora mesmo “Hai unha institución condenada por sentenza xudicial porque a súa titular pisoteou os dereitos fundamentais de igualdade, mérito e capacidade, porque despreciou os dereitos dos cidadáns” e a valeduría está condenada “por enchufar a unha amiga, para enchufar á sobriña de Fraga, para colocar á filla do antigo xefe, para enchufar á irmá do voceiro do Partido Popular no Parlamento de Galicia”.

Deja un comentario