Luís Villares denuncia que “nunca tivemos gobernos tan pouco democráticos e tan lonxe da cidadanía”.

A situación de emerxencia climática é máis evidente ca nunca, porén o s Estados, as grandes empresas e o conxunto de actores políticos internacionais continúan sen abordar cunha estratexia global o problema. O certo é que a cidadanía que, coma case sempre, vai por diante dos grandes poderes que antepoñen os seus intereses aos do conxunto da cidadanía, esixe unha resposta conxunta que permite a supervivencia do noso planeta.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, analizou o Cumio do Clima que vén de rematar en Madrid e describiuno como un “bochornoso fracaso” que evidencia “a falta de democracia dos gobernos, xa que nunca houbo gobernos que escoitasen tan pouco a súa cidadanía”. Villares culpa directamente as grandes potencias que non queren dar resposta a esta situación e que compre “illar a aquelas que están poñendo en perigo ao conxunto do planeta e das especies como consecuencia do seu propio egoísmo”

Pese ao fracaso da COP 25 En Marea non se rende porque é a única saída posible, xa que unha crise global precisa dunha solución global e anima ao “Estado e a Europa a apostar pola transición ecolóxica xusta e pola inmediata descarbonización da economía”.

O voceiro solicitou que a UE adoptase o compromiso climático como actor unilateral que “plante cara” ás grandes potencias contaminantes limitando o libre comercio contaminante xa que “non é xusto que as partes do mundo comprometidas e que producen de xeito responsable teñan que competir con produtos feitos con procesos contaminantes”, establecendo aranceis ambientais para que “eses produtos non sexan competitivos nos nosos mercados”.

Pero En Marea non limita as súas demandas a Europa e solicita que a Xunta de Galicia tamén tome conciencia e asuma a axenda climática como unha pata fundamental do seu goberno. O xoves pasado a Xunta presumía de Plan Renove para os vehículos no que non hai rastro de estímulos para os coches híbridos ou eléctricos polo que solicitan “que rectifiquen e o focalicen cara aí falando cos concesionarios.

Villares tamén solicitou que toda a facturación eléctrica da Xunta a compañías eléctricas que empreguen exclusivamente enerxías renovables e un Plan de Transporte Urbano Público e Eléctrico para Galicia que “asuma as competencias en cercanías e solucionar vergoñas como as de Ferrol-Coruña e impulse un estudo de mobilidade eléctrica en tranvía nas áreas urbanas de Pontevedra e Vigo”.

Por último o voceiro solicita que o sector público aposte por unha compra pública ecolóxica e de proximidade que integre a compra de servizos en lugar de produtos e fomente “o abastecemento de cantinas públicas mediante produtos locais e de temporada”.

Let’s block ads! (Why?)