A deputada Julia Torregrosa e o deputado Manuel Lago sumáronse á concentración das traballadoras de Fandicosta en sinal de apoio a súa xusta reivindicación na defensa dun convenio colectivo que mellore as súas condicións de traballo. “Probablemente se trate do sector con peores condicións tanto en salarios, en xornadas, e especialmente no uso abusivo da subcontratación por parte das empresas, que empregan ETTs para eludir o pago de salarios decentes” como denunciaron o deputado Manuel Lago e Julia Torregrosa.
O nivel salarial das mulleres que traballan no sector é “indecente” como salientou Lago que puxo un exemplo concreto cunha traballadora indefinida tempo completo cuxo salario non chega a 800 euros ao mes.
“En Marea quere axudar a corrixir esta situación e facémolo no Congreso dos Deputados, pactando un salario mínimo interprofesional de 900 euros que é unha peza fundamental para combater a precariedade laboral e a pobreza salarial. Pero tamén a pé de fábrica, arroupando aos sindicatos e aos traballadores que viven e sobren neste sector, un dos que teñen das maiores explotacións laborais do país” afirmou Manuel Lago.