Redacción Galiza

En Marea celebra que, tras máis de seis meses de excusas e retrasos, a Comisión de Investigación sobre o accidente do Alvia, impulsada polo noso grupo, comece por fin a súa primeira sesión de constitución o vindeiro mércores 18 de abril ás 12.00h.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, amosa a súa satisfación a pesar da demora, e agarda que «por fin a partir do próximo mércores poidamos poñernos a traballar nos obxectivos da comisión» cuxo propósito fundamental «será o de verter luz, analizar sen censuras e esclarecer o acontecido, os fallos e as responsabilidades polílticas naquel fatídico accidente».

«En Marea atendeu as demandas da Plataforma do Alvia, cumprindo un dos nosos compromisos, que foi o de levar a solicitude de creación de comisión de investigación a un pleno e conseguir que se aprobase. Agora toca poñela en marcha», sentenciou.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario