Borrador automático

En Marea comprométese a desterrar as prácticas especulativas e os intereses privados da xestió pública para impulsar administracións transparentes e comprometidas co benestar das maiorías sociais. É a mensaxe que o voceiro e a candidata ás europeas deixaron este domingo Sanxenxo. Ata onde Luís Villares e Lidia Senra se desprazamos para comprobar sobre o terreno, da man da candidatura para as municipais que encabeza Mary Camiña, as nefastas consecuencias de anos de políticas locais deseñadas para favorecer o interese particular de promotores e construtores.
“Sanxenxo representa o peor do modelo de xestión urbanística do PP. Un modelo que non queremos para os Concellos de Galicia, baseado na especulación urbanística e en favorecer os intereses duns poucos”, denuncia o voceiro de En Marea, que critica unha xestión que supuxo deixar de lado durante anos as necesidades da veciñanza para favorecer “un modelo especulativo que impediu á xente de Sanxenxo poder acceder a unha vivenda digna no seu propio concejo debido a uns prezos desorbitados”.

Luís Villares denunciou o intolerable dunha xestión que permitiu que fose “os construtores os que estiveron no goberno municipal favorecendo os seus propios intereses”. E lembrou a condena á empresa construtora de Telmo Martín por sobreprezos en vivenda de protección oficial en Navia, en Vigo. “Un exemplo claro da intolerable confusión dos intereses públicos e privados. Desde En Marea reclamamos gobernos para todo o mundo. Non pode ser que os propios construtores e promotores que están favorecendo os seus propios intereses sexan os encargados de deseñar os planos urbanísticos de costas aos intereses sociais”, asevera o voceiro. Que, co esqueleto do que ía ser un centro cultural ás costas, lembra como “en Vilalonga se deixou de lado toda a construción de infraestruturas que tiñan carácter social, e que terían servido para mellorar a calidade de vida da veciñanza; mentres en paralelo se seguía destrozando a vila para favorecer os intereses duns poucos e expulsando á poboación local”, que non podía pagar os prezos desorbitados impostos ao mercado de vivenda. Fronte a iso, “En Marea aposta de xeito decidido por un modelo alternativo que poña á cidadanía e ás maiorías sociais no centro. Un modelo social, que garanta equipamentos e servizos públicos para toda a poboacion. Un modelo que permita a todo o mundo acceder a vivenda no seu propio concello e non ter que marchar a municipios veciños porque aquí non poidan pagar unha vivenda digna”.

Tamén a candidata de En Marea Sanxenxo, Mary Camiña, fixo fincapé na necesidade de reivindicar gobernos municipais que antepoñan as obras sociais aos intereses especulativos. “Aquí en Sanxenxo temos o exemplo do que ía ser centro social, abandonado dende 2006 para adicar todos os recursos municipais ao parque empresarial. Un parque privado”, explica a candidata local. Que explica como “coa crise e coa implantación do 135 as obras socias quedaron definitivamente abandonadas debido ás numerosas débedas, “consecuencia de sentencias urbanísticas e dunha mala xestión previa”.

A candidata tamén destacou o caso, aínda máis sangrante se cabe, do colexio de Vilalonga. Un centro que se atopa “en estado ruinoso desde 2007” e do que, a pesar das reiteradas promesas que se sucederon un ano tras outro, non se ten colocado aínda a primera pedra. Trátse dunha infraestrutura moi demandada pola poboación local, que mesmo se manifestou sen que as súas demandas tivesen aínda ningún resultado. “Trátase dun tema recurrente do que se fala en todas as campañas electorais, pero que non dá chegado”, lamenta Camiña.

Tamén a candidata de En Marea-Compromiso por Europa denunciou as políticas impulsadas de costas ás necesidades das maiorías sociais. “Estamos vendo na realidade como as políticas da Unión Europea están impactando nos servizos públicos. Aquí en Sanxenxo vemos con claridade as consecuencias de como as políticas de austeridade impactaron e limitaron os orzamentos públicos, dando lugar a que as obras do colexio de Vilalonga non estean sequera empezadas”. Lidia Senra comprometeuse a seguir traballando dende o Parlamento Europeo para impulsar políticas que favorezan o impulso de servizos públicos básicos de calidade. “Imos seguir dando a batalla, igual que a demos os últimos cincos anos, para poñer os dereitos das persoas por enriba dos intereses do capital. E seguiremos loitando por servizos públicos de calidade para todas as persoas”, compromete a candidata.


Necesitamos tu ayuda para seguir adelante con el periodismo crítico, ayúdanos a no tener que depender de publicidad externa y que Contrainformación sea solo de sus lectores. Con 1, 2, o 3 euros al mes nos ayudarás a seguir mostrándote nuestros artículos críticos.

Ayúdanos a seguir ofreciendo Contrainformación.

Deja un comentario