A sentenza sobre o Procés catalán e as duras condenas a políticos que pretendían que a cidadanía expresara a súa opinión non servirá para encontrar unha saída á situación catalana nin para avanzar nunha posible solución. En Marea reitera, como veu mantendo durante todo o proceso xudicial, que non se poden dar solucións xudiciais a problemas políticos e que só o mellor da política pode atopar solución a un conflito que con esta sentenza se acentuará aínda máis.

Coñecida a sentenza, En Marea ten que lamentar que os problemas políticos de todo un pobo intenten saldarse con penas de cárcere que lonxe de promover o díalogo farán máis difícil calquer avance na imprescindible solución política. Non é democraticamente aceptable que as ansias da sociedade catalana teñan como resposta condenas de entre 9 e 13 anos de prisión. Non é coherente co carácter democrático dun Estado que a resposta a unha petición de expresar a opinión dun pobo sexan os tribunais e unhas condenas que sinalan un camiño de non diálogo.

En Marea considera que non poden permanecer no cárcere e que non deben ser sentenzados uns políticos por xestionar os medios para que a cidadanía se exprese. Consideramos que a situación catalana debe ser desbloqueada desde a política, desde o diálogo e desde o coñecemento do que quere a cidadanía catalana. Desde En Marea apoiamos as mobilizacións da cidadanía catalana reclamado o seu dereito a expresarse.

Let’s block ads! (Why?)

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario