Luís Villares e Cristina Pérez Herraiz sinala que as contas “son un corta e pega doutros anos coas mesmas obras sen facer” e quen se deixan sen orzamentar as obras e servizos que Lugo precisa

Lugo, 25 de outubro de 2019.-  Os orzamentos da Xunta de Galicia 2020 para Lugo son un “castigo” que deixa a provincia e cidade sen orzamentos e que para aparentar “repiten obras doutros anos que nunca que se fan”. En Marea anuncia que emendará estes orzamentos no Parlamento de Galicia “para conseguir que as contas atendan as necesidades das luguesas e lugueses”. O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a voceira de Lugonovo, Cristina Pérez Herraiz, acompañados de Víctor Álvarez explicaron fronte ao cuartel de San Fernando ata que punto as contas que prevé a Xunta para Lugo en 2020 demostran “abandono” e “desinterese por amañar os problemas da cidade e da provincia”.

Para Cristina Pérez Herraiz os orzamentos de Lugo para o ano 2020 “son un corta e pega dos anos anteriores, seguindo o mesmo sistema de orzamentar obras que nunca se fan e non atender as auténticas necesidades da xente”. No mesmo sentido, a voceira de Lugonovo, sinalou algúns dos exemplos fundamentais de como a Xunta utiliza os orzamentos como propaganda para enganar á cidadanía de Lugo. No mesmo sentido, sinalou o voceiro de En Marea, Luís Villares que estes orzamentos ”non son cribles porque ano tras ano, a Xunta de Galicia anuncia as mesmas partidas para proxectos coma o Plan Paradai ou o da Ronda Leste, dous clásicos nos orzamentos para a cidade, que despois vemos que na práctica quedan sen executar; polo tanto,   consideramos que a Xunta de Galicia adícase a vender fume e non finaliza ningún dos seus proxectos estrela para a cidade”.

O voceiro de En Marea preguntouse “que terán feito as luguesas e lugueses á Xunta e a Balseiro para saír tan maltratados nos orzamentos anuais”, porque tal como explicou Villares “estas contas son un castigo de abandono a Lugo”. Para Cristina Pérez Herreaiz a única novidade no corte e pega para este ano é “incluir nos orzamentos da Xunta unha residencia de maiores que será pagada pola financiación privada”. Tanto Pérez Herraiz como Villares apuntaron que esta era unha demostración da “política social da Xunta que rebaixa impostos aos ricos, esquece a inversión social ou a deixa en mans privadas nunha actitude propia do pasado”.

Villares referiuse tamén a algunhas das grandes obras que tanto a cidade coma a provincia teñen pendentes, comezando pola “estación intermodal é máis ca insuficiente. Coidamos que está nas mans da Xunta de Galicia acadar que Lugo sexa unha cidade ben comunicada, conectada co resto das cidades galegas e por suposto co noso rural, atractiva para o turismo“. Insistiu o voceiro de En Marea que a Xunta “non está facendo todo o que ten na súa man para pular por un servizo de trens galegos, pois consideramos que a construción da intermodal é un brinde ó sol, xa que os accesos a Lugo nesa parte da cidade non están o suficientemente ben acondicionados como para situar alí unha estación de autobuses”. Engadiu nestes caso que non é só que as obras non se estean realizando, senón que Lugo “conta a cada ano que pasa con menos trens e menos liñas de autobús que manteñan comunicada a cidade e a provincia entre elas e co resto de Galicia”.

Hai máis demostracións da falta de inversións de importancia para Lugo, sinalou Villares que “O Plan Paradai e a Ronda Leste  están sen rematar, e a propia entrada á cidade pola Fervedoira non nos parece adecuada en absoluto no caso de que tivese que acoller un aumento do tráfico nesa zona”.

Let’s block ads! (Why?)