Santiago, 4 de decembro de 2019.-  En Marea preguntou no pleno do Parlamento de Galicia pola situación na que se encontra o Hospital de Verín e polos protocolos que está aplicando Sanidade para os partos e o seguemento de embarazadas nese centro sanitario. A deputada Paula Vázquez Verao interpelou ao conselleiro de Sanidade e asegurou que a supresión do paritorio e das urxencias pediátricas eran “un ataque á sanidade pública no rural galego e un ataque as necesidades da cidadanía e das mulleres na comarca de Verín”.

Paula V. Verao sinalou na súa intervención que está é a “primeira vez que a Xunta de Galicia pecha unha unidade de partos nun hospital comarcal”. Para a deputada, a Xunta de Galicia presume de ser a que defende o rural do país “pero deixa sen servizos ás mulleres da comarca de Verín”. No mesmo sentido sinalou que Sanidade se fartou de asegurar que as “EOXI ían mellorar a atención sanitaria no país pero a realidade é ben contraria”. Vázquez Verao recriminou ao conselleiro que os datos non amparaban en absoluto a decisión tomada xa que os profesionais “están en contra de que as mulleres con contraccións fagan desprazamentos tan longos”.

A deputada de En Marea explicou a situación na que a Xunta estaba deixando a Sanidade, “O SERGAS, irresponsablemente, trasladou un problema de xestión a unha sospeita sobre a calidade de atención, cando en quince anos, con 2.500 partos atendidos, non se rexistraron problemas de gravidade na unidade de partos de Verín; escoite tamén ao xefe de xinecoloxía de Verín, que avala estes bos resultados do Hospital. Nin unha soa morte fetal intraparto”.

Noutro sentido, a deputada apuntou que hai mulleres “en zonas de Galiza que teñen Hospital de referencia para partos a unha hora ou mesmo máis de distancia, por exemplo, no Courel. Pero estamos a falar de que a área de Verín e Viana, cunhas 30.000 persoas, queda sen unidade de partos nin servizo de pediatría de urxencias”.

Na súa intervención, Verao preguntou ao conselleiro “cales van ser as condicións de traslados sanitarios a Ourense? Vai haber pediatra dispoñible? Hai ambulancias suficientes cando se requiran?.

Tamén lembrou ao conselleiro que o persoal aínda non se lles informou oficialmente sobre os novo protocolo de traballo ante o peche da unidade de partos. Finalmente reclamou os informes que a Sanidade se nega a entregar:  “Temos solicitado informes relativos ao peche do servizo; entréguenos.

Let’s block ads! (Why?)