En Marea demanda o incremento de persoal de Urxencias e a apertura de plantas inoperativas para cubrir as necesidades dos ingresos hospitalarios

Eva Solla: “Mentres Feijóo se paseaba por Madrid na manifestación do orgullo facha, miles de persoas reclamaba en Compostela unha sanidade pública digna”

En Marea vén de trasladar a través dunha moción defendida pola parlamentaria Eva Solla na sesión plenaria unha petición á Xunta de Galicia para que aumente os efectivos profesionais nos servizos de Urxencias, tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada de xeito permanente, acordando coa representación sindical as melloras necesarias no inmediato.

“Mentres Feijóo se paseaba por Madrid nesa manifestación de orgullo facha, miles de persoas reclamaban en Galicia unha sanidade pública digna”, comezaba Eva Solla a defensa da moción, engadindo que “a realidade é que temos unha sociedade que non aguanta máis os recortes na sanidade pública porque durante todas estas semanas nas que se votou en contra para mellorar as urxencias, se volvían a colapsar os servizos de urxencias deste país”.

Para Solla a “saturación crónica dos servizos de Urxencias  resúmese ben na maioría das demandas que escoitamos na praza de Quintana o pasado domingo, non hai persoal suficiente nin en Atención Primaria nin nos hospitais, fronte a un Goberno que “está de costas ao persoal de urxencias”.

“Non queremos que neste país ningunha persoa máis vai morrer nun PAC sen ter asistencia sanitaria”, lembrou a parlamentaria de En Marea, que solicita tamén na súa moción que se proceda  á apertura das plantas e alas inoperativas de xeito permanente, dotándoas co persoal necesario para absorber as necesidades de ingresos hospitalarios.  A”o PP e ao Sergas parécelle suficientes as camas que mantén operativas no sistema público, pero non vexo eu que POVISA ou POLUSA vaian pechando camas, están totalmente abertas nos meses de inverno”.

Solla cualificou de insuficientes as prazas ofertadas na OPE do Sergas “que non incrementan o persoal, non crean prazas”. Para a deputada de En Marea “non serven de nada as medidas que se alongue a idade de xubilación ou un novo contrato rexeitado amplamento polos profesionais pois pasamos dunha precariedade A a unha precariedade B”. Na moción de En Marea instase a recuperar as prazas amortizadas tanto en atención primaria como hospitalaria, negociando coas representantes sindicais a súa oferta pública.”

Outra das propostas de En Marea é a elaboración de plans de continxencia reais, que permitan dispoñer de persoal de forma inmediata e que contemplen unha drenaxe dos ingresos áxil “pois o señor Almuiña aínda non soubo aclararnos como se facían os plans de continxencias”.

En Marea continuará apoiando as mobilizacións do persoal sanitario e recoñécelle a valentía a uns profesionais “que manteñen folgas en situacións lenoninas” que en casos, coma o do CHUS, permitiron que a Xunta fixese ofertas para corrixir a “crise sanitaria motivada pola folgazanería de dez anos de inoperancia na xestión da sanidade pública”.

Deja un comentario