Redacción Galiza

Eva Solla pediu explicacións esta mañá no Parlamento sobre a privatización encuberta que a Xunta de Galicia ven de aprobar para a área sanitaria da Coruña. Unha operación para catro anos orzamentada en 97 millóns de euros; que implicará a mobilidade forzosa de profesionais do sistema público de saúde a centros privados. A deputada de En Marea tamén destacou a problemática carencia de profesionais de enfermería especializados que se extende ao conxunto da comunidade autónoma; e que, en especialidades como a obstetricia, se sitúa moi por debaixo das ratios recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

“Temos un problema real e moi grave”. Con esas palabras referíase Eva Solla ás deficientes cifras de profesionais de enfermería especializados. Unha carencia que merma a calidade asistencial que reciben os usuarios do sistema público de saúde. E que, tal e como apuntou a deputada, resulta alarmante en áreas como a pediatría, a saúde mental ou a xeriátrica (de especial relevancia, debido ao avellentamento da poboación galega).

Solla lembrou que existen unicamente 8 matronas para toda a provincia de Ourense. E que, en Santiago de Compostela ou na Coruña, tres profesionais deben atender un total de 2.500 partos anuais. “Isto non é normal; e é incompatible co plan de sáude da muller”, indicou a deputada durante a súa comparecencia.

A representante de En Marea tildou de “escándalo” que a Consellería pretenda esixir aos profesionais sanitarios da Coruña que realicen procesos quirúrxicos en centros privados. Unha medida que pasa por enriba das negociacións colectivas e das mesas de contratación. E que non é “normal nin axeitada”. “Gustaríame que aclarase se estas intervencións as van facer durante o seu horario laboral, ou os van retirar dos seus postos de traballo para levalos á privada”, reclamoulle Solla ao conselleiro.

A vicepresidenta do Parlamento galego tamén chamou a atención sobre as “intolerables deficiencias” das infraestruturas sanitarias, e avogou por incrementar o orzamento destinado á atención primaria; así como a recuperación das súas xerencias. “A súa das xerencias de atención primaria someteu aos centros de saúde ás xerencias hospitalarias, coa consecuente diminuación de súa capacidade resolutiva e perda de control sobre cuestións de relevancia, como os tempos de agarda”, afirmou Solla. Quen tamén reclamou unha reforma do sistema de fiscalidade, necesaria para poder incrementar a recadación e rematar coa falla de financiamento do sistema sanitario público; totalmente deteriorado polos continuos ataques aos que o está a someter o goberno galego.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta