Redacción Galiza | En Marea

O grupo parlamentar de En Marea, a través da súa deputada e vicevoceira no Parlamento, Carmen Santos, preguntou a María Isabel Concheiros, secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, pola prestación do Servizo de seguridade mariña con uns helicópteros que tiñan declarados obsoletos no ano 2012.

Ademáis, Santos preguntou á representante da Xunta polos motivos da venta dos helicópteros e as contradiccións que estaba a manter na actualidade a secretaria da Consellería, negando argumentos defendidos polo Partido Popular incluso en sede parlamentaria.

Carmen Santos afirma que todos os argumentos mantidos polo Partido Popular ata o día de hoxe para defender a venta dos helicópteros son unha mentira, porque “non nos libramos do monopolio, a empresa é a mesma e as máquinas tamén”. Para a deputada trátase dun negocio “ruinoso” que emprega os mesmos medios que “se antes estaban obsoletos, hoxe, sete anos despois, peor”, conclúe.

En Marea sostivo a necesidade de garantir a seguridade dos mariñeiros e das mariñeiras no mar. Por isto, En Marea reclama explicacións sobre os contratos da Xunta neste asunto e esixe á Xunta que non poña en risco a seguridade da cidadanía.

Deja un comentario