En Marea empraza ao PSOE a aceptar as emendas aos orzamentos antes do debate de totalidade

A coordinadora de EM, reunida na tarde de onte, empraza ao Partido Socialista a pronunciarse e asumir as 300 emendas presentadas aos Orzamentos do Estado, por integraren unha parte substancial da Axenda galega do cambio, antes do debate de totalidade, que terá lugar este mércores no Congreso.

En Marea esixe o compromiso explícito do PSOE con estas emendas como garantía de que os orzamentos do Estado contribúan eficazmente á xeración de renda e riqueza en Galicia, coa mellora da súa cohesión social e territorial e a creación de emprego.

Sen este compromiso, a posición de En Marea permanecerá invariable na súa negativa ao apoio aos orzamentos. Por iso reclamamos do PSOE unha posición sobre as emendas previo ao debate de totalidade, como condición necesaria para a súa continuidadade.

A actitude de EM durante estas semanas, renunciando a presentar unha emenda de totalidade e apostando pola negociación e o diálogo, ten que ser agora correspondida cun xesto político acorde coas expectativas que a cidadanía galega ten depositada na Axenda galega do cambio.

Deja un comentario