En Marea esixe diálogo bidireccional co Goberno para negociar a axenda galega

O grupo de En Marea no Congreso solicitou unha entrevista coa ministra Meritxell Batet para coñecer as previsións do seu departamento para Galicia e falar das trasnferencias pendentes.

0
24

Os deputados de En Marea Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz ofreceron este xoves unha rolda de prensa no Congreso dos Deputados para dar conta da solicitude de reunión coa Ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, coa finalidade de iniciar un diálogo bidireccional coa axenda galega como eixo central.

O actual voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez Reino, destacou que “chegou o tempo político para o acordo, o tempo da axenda galega e de falar co Goberno dos problemas de Galicia, activando un diálogo calmado, constante e bidireccional do Executivo cos representantes institucionales de Galicia igual que se fai coas outras nacionalidades históricas do Estado”.

Gómez-Reino asegurou que En Marea puxo as súas 5 actas no Congreso e por tanto os 344.000 votos das galegas e os galegos “para botar ao PP do Goberno, e que agora poñen de relevo que é o momento de falar de Galicia”.

Neste sentido sinalou que no que vai de lexislatura “foron numerosas as iniciativas que En Marea trouxo e segue a presentar na Cámara Baixa sobre os problemas de Galicia” pero ata o de agora “atopábamonos co bloqueo sistemático dun Goberno que se negaba a falar de e con Galicia, pero pensamos que ese tempo rematou”.

Pola súa banda, a deputada de En Marea e membro da Comisión de Política Territorial e Función Pública, Yolanda Díaz, expuso os pormenores da carta que vén de enviar á Ministra, Meritxell Batet, na que se solicita un diálogo bilateral que ten como punto de partida coñecer a axenda política do seu departamento para Galicia.

Neste senso sinálase na misiva que En Marea mantén un compromiso firme cun modelo territorial que comprenda ao Estado de xeito plural e complexo, e que avance no desenvolvemento do Estado autonómico favorecendo transferencias á nosa Comunidade facendo así efectivo o principio de subsidiariedade.

Díaz sinalou que “somos conscientes da situación de Cataluña, pero non pode opacar a axenda galega, que ten que entrar no novo tempo político”.

Ademais, denunciou a necesidade de afrontar o debate da financiación autonómica, xa que é un tema de vontade política e de iniciar as negociacións para aprobar as transferencias de competencias pendentes desde hai anos e demandadas pola sociedade galega, como son a autoestrada AP-9, as competencias sobre tráfico, salvamento marítimo ou da sanidade de institucións penitenciarias, entre outras.

En Marea insistiu en denunciar que hai máis de 10 años que Galicia non recibe ningunha transferencia estatal.

Polo tanto, o grupo de En Marea no Congreso cree oportuno manter un diálogo co Ministerio de Política Territorial e Función Pública cun doble obxectivo: “por unha banda abordar aquelas materias que apunten á reformulación do modelo territorial para o conxunto do Estado e por outra debatir as cuestións da axenda galega que deben ser atendidas polo Goberno de España”.

Así, na carta remitida á Ministra Batet, destácase que para Galicia e para En Marea é clave que a financiación autonómica conxugue os avances en autogoberno con criterios de xustiza e de igualdade, para o que se debe tomar en consideración o custe real dos servizos, e que se teña en conta a dispersión da poboación, o envellecemento ou a regresión demográfica. Este último “é outro dos grandes retos que temos como país, de especial interese para Galicia, que afecta ao conxunto das políticas, dos servizos públicos e á inclusión efectiva de tódalas cidadás e cidadáns”.

Finalmente tamén se recolle na misiva que “no plano da cooperación entre diferentes niveis de goberno para Galicia é moi relevante que as Comunidades participen na conformación da vontade do Estado e exista un diálogo directo nas institucións europeas, en especial no Consello Europeo, en áreas que son competencia autonómica, onde materias como a pesca son vitais para Galicia.

En Marea sinala que tamén é importante vencellar a política territorial coa cooperación transfronteiriza, onde destaca a relación de Galicia coa Rexión Norte de Portugal.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta