Os deputados e deputadas de En Marea no Parlamento e no Congreso asistiron este sábado á manifestación na Coruña contra o peche da planta de Alcoa e para apoiar aos traballadores e traballadoras.

O voceiro de En Marea, Luis Millares, lembrou que Alcoa está a defender o peche mentras os últimos datos rexistrados en Wall Street danlle a maior subida á empresa despois de anunciar os peches da Coruña e Avilés.

“Tendo en conta o millonario investimento en subvencións públicas para a súa actividade resulta unha auténtica burla á cidadanía que agora estean a repartir 200 millóns de euros en dividendos” declarou Villares.

No caso de que se consolide o peche, o voceiro de En Marea instou a que se esixa a devolución destas axudas públicas á empresa para evitar que mentres uns accionistas en EEUU se reparten 200 millóns en beneficios, aquí centos de familias quedan na rúa.

Villares considerou tamén imprescindible a modificación do sector eléctrico “para facer competitiva toda a industria” e a primeira medida “é sacar a produción hidraúlica, eólica e nuclear das poxas diarias de enerxía e obrigar a que sexa vendida a longo prazo con prezos xustos e estables”.

Pola súa banda, o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, mostrou o total apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa e calificou de “intolerable” que unha multinacional esté xogando con 400 postos de traballo.

“Hai que parar o ERE. Seremos o garante de que o Estado paralice o ERE. Os traballadores teñen a unha cidade e a un país detrás”, explicou.

A tamén deputada de En Marea e voceira de Industria no Congreso, Yolanda Díaz, lembrou na manifestación que “todo o país está volcado coa Coruña” porque “Alcoa é fundamental para o tecido económico e social do noso país.

A parlamentar, que se reuníu esta mesma semana coa ministra de Industria para abordar esta cuestión, lembrou que estamos diante dunha nova situación porque co anterior Goberno non tiñamos nin ministerio de Industria.

“Desde En Marea esiximos a retirada do ERE porque non ten sentido que nos sentemos a negociar cando temos despedimentos enriba da mesa”, explicou.

Deja un comentario