Audio Luís Villares: https://www.dropbox.com/s/u60qqp2n9saq0f1/verin%20paritorio.mp3?dl=0

Ourense, 22 de novembro de 2019.-  En Marea considera imprecindible o mantemento do paritorio no Hospital de Verín e esixe ao SERGAS ou seu mantemento para non prexudicar máis a atención sanitaria na comarca de Monterrei. Para En Marea a supresión anunciada deste servizo obrigará ás nais a facer un traslado de cando menos unha hora para ir parir a Ourense o que supónun retraso inadmisible en momentos tan delicados. Por este mesmo motivo, o voceiro de En Marea pediu a dimisión do responsable da EOXI de Ourense por tomar a decisión de suprimir un servizo imprescindible para a sanidade na comarca.

Luís Villares asegurou que esta medida forma parte “de constante desmantelamento da atención sanitaria na comarca”. O voceiro de En Marea sinalou que esta decisión anunciada polo responsable da EOXI de Ourense, Félix Ruibal, “é un auténtico atropelo para toda a cidadanía e que prexudica á calidade de vida das mulleres na comarca de Verín”. O SERGAS anunciou que o servizo de paritorio do Hospital de Verín deixará de funcionar a partir do vindeiro 1 de decembro e que as nais deberán ser trasladadas a Ourense para se atendidas nos partos por especialistas. Para Villares esta decisión non só é un prexuízo evidente na calidade da atención en Verín senón que “estrangula unha vez máis os servizos para a cidadanía no rural ourensán”.

Segundo o voceiro de En Marea esta decisión supón un “evidente perigo” para a saúde nas nais porque unha vez que entre en vigor esta medida “as nais deberán ser trasladas a Ourense nun traxecto de unha hora en coche a partir do momento de romper augas”. A gravedade desta decisión e os prexuízos que pode causar unha vez que sexa efectiva é o que leva a En Marea a pedir a dimisión ou cese inmediato de Félix Ruibal por ter tomado unha decisión completamente contraria aos intereses da cidadanía de Verín e comarca. Ademáis, segundo anunciou Luís Villares, En Marea pedirá a comparecencia do conselleiro de Sanidade para que explique a que se debe esta decisión de suprimir o paritorio no hospital comarcal.

En Marea súmase tamén á convocatoria de manifestación para protestar contra esta decisión que terá lugar en Verín o sábado, 30 de novembro.

Let’s block ads! (Why?)

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario